Arroz de coliflor fritido / Fried cauliflower rice

Arroz de coliflor fritido

E mira que vin ben de veces esta receita pola rede! E sempre pensaba que non me ía gustar, ou que sabería moito a coliflor, e que como ía ser que a coliflor funcionara para unha receita de arroz…. E así. Pois todos eses prexuízos que tiña contra esta receita esvaecéronse en canto a probei. Gustoume TODO, a textura, o sabor, a combinación de ingredientes, o rápido que se fai e o doada que é de facer. Polo que só me queda pedirvos que non sexades tan teimudas coma min e non tardedes tanto en probar o arroz de coliflor fritido porque é un prato que o ten absolutamente todo. E ademais, saudábel, que dalgunha maneira imos ter que compensar tódalas lambetadas que facemos, non credes? Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas

  • 350 gramos de coliflor (pesada xa sen os cañotos)
  • 1 cenoria relada
  • 1 cabaciña relada
  • 2 ovos
  • aceite de sésamo
  • curri
  • cúrcuma
  • comiño
  • prebe de tamari ou soia
  • cacahuetes picados (opcional mais moi recomendábel)
  • sementes de sésamo (opcional)

*Para BLW sen tamari ou soia e sen cacahuetes

Preparación

  1. Comezamos lavando e escorrendo ben a coliflor. Despois, picámola nunha picadora ou ben cun relador ata que quede cun tamaño similar ao do arroz. (se queda máis ou menos fino, tanto ten, a receita ha saír igual, o tamaño é aproximado)
  2. Pasámoslle un pano de papel para sacarlle un pouco a humidade. (Neste punto xa teriamos a receita do arroz de coliflor lista. Agora só temos que facer a preparación como máis nos guste)
  3. Fritimos a cabaciña e a cenoria cortadas en anacos. E engadimos os ovos para facer a tortilla.
  4. Botamos o arroz de coliflor e engadimos curri, cúrcuma, comiño e aceite de sésamo. Deixamos que se frita e se integre todo durante uns minutos a lume algo forte.
  5. Engadimos o prebe de soia ou tamari, seguimos remexendo ata que estea ben integrado. Botamos as sementes de sésamo e o cacahuete picado. E listo!

A coliflor xa picada podémola conxelar e así témola dispoñíbel para cando queiramos facer unha receita rápida e saudábel. Ao conxelala, si colle algo máis de auga polo que cómpre escorrela ben antes de usala. Xa vedes que dificultade a verdade é que non a ten. Polo demais, podedes empregar este arroz de coliflor para calquera outra receita que acostumedes a faceres con arroz. Eu recoméndovos moito que a fagades porque está moi boa e é unha maneira moi divertida de comer verduras, co que eu gozo tomando verduras. Bo proveito!!!

________________________________________________

Fried Cauliflower Rice

It’s been so much time since I started seeing cauliflower rice recipes that I do not know why I haven’t prepared it earlier, well, I must confess I did know why, the truth is that I thought I wouldn’t like it, neither texture nor flavour! And now, after trying it I can only admit how wrong I was! I liked EVERYTHING, and now it has become an essential part of my weekly menu. So I can only ask you not to be like me and try it as soon as you read this recipe, and I am sure you won’t regret it! It’s simple, delicious, healthy and quick! It has it all! Let’s go!

Ingredients for 2

  • 350 gr cauliflower (only the florets)
  • 1 grated carrot
  • 1 grated zucchini
  • 2 eggs
  • sesame oil
  • curry
  • turmeric
  • cumin
  • soy or tamari sauce
  • crushed peanuts (optional but highly recommended)
  • sesame seeds (optional)

*BLW version with no peanuts or soy sauce

Directions

  1. Wash the cauliflower florets. Then, process in a food processor until it looks like rice.
  2. Dry a bit with some kitchen towel.
  3. Saute carrot and zucchini. Add in eggs to prepare an omelette.
  4. Add in the cauliflower and just add the spices you like: curry, turmeric, cumin and sesame oil. Mix everything while frying it over a high heat for some minutes.
  5. Add tamari or soy sauce, and mix well. Sprinkle with some sesame seeds and crushed peanuts. And that’s it!

We can process the whole cauliflower and if we have some extra, we can freeze it and use it later and have a healthy recipe in a bit! When it’s been frozen, it takes some water, so you may have to press it to take all that water out. As you could see, it’s easy peasy! You can use your cauliflower rice with any recipe you may think of, and, of course, as a perfect substitute in your rice recipes. Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.