Torta de queixo con arandos / Blueberry cheesecake

Torta de queixo con arandos

Hai uns días recibín un agasallo do Pazo de Vilane, no que me convidaban a probar as súas marmeladas caseiras. E que boas están!!! Tanto ten cantas marmeladas probastes ata o de agora, o seu sabor é tan natural e tan saboroso, que pasarán a ser as vosas favoritas decontado. De momento xa levo probadas dúas, a de arandos, que empreguei nesta receita, e a de framboesas, que xa probei noutra receita que vos ensinarei proximamente. Tamén teñen unha de tomate ecolóxico, que tamén empregarei nunha receita, por suposto! Invítovos a probalas sen perder máis tempo, en cada trabada nótase a calidade do produto e o agarimo co que as fan. Ademais, non son moi doces e o sabor da froita é o que destaca. Para empregar esta marabilla de marmelada de arandos, tiña claro dende o comezo que sería cunha torta de queixo. É unha das mellores combinacións do mundo mundial! Imos aló!!!

Ingredientes:

– 100 gramos de galletas tipo María
– 50 gramos de manteiga
– 350 gramos de crema de queixo
– 100 gramos de azucre
– 2 culleradas de esencia de vainilla
– 220 ml de iogur grego
– uns 10 gramos de xelatina en po
– 200 gramos de marmelada de arandos do Pazo de Vilane

Molde de 20 cm.

Preparación paso a paso:

1. Picamos as galletas finamente, mesturámolas coa manteiga desfeita e facemos a base da nosa torta. Refrixeramos mentres preparamos o resto.

2. Desfacemos a metade da xelatina (5 gramos) nun pouco de auga fría e despois engadimos unhas culleradas de auga fervendo ata que se desfaga a xelatina por completo. E mesturámola co resto dos ingredientes: crema de queixo, azucre, vainilla e iogur.

3. Botamos esta masa enriba da base de galletas e deixamos que arrefríe na neveira durante un par de horas.

4. Desfacemos o resto da xelatina seguindo o mesmo procedemento e mesturámolo coa marmelada de arandos. Cando a capa de queixo estea ben duriña, botamos a marmelada por riba e deixamos que arrefríe de novo ata que estea consistente. E listo!

Xa vedes que o paso a paso é ben sinxelo! Se vos gustan as tortas de queixo tipo Lestedo, esta sabe moi parecida, xa veredes! 😉 E o mellor de todo, é a torta ideal para o verán porque non precisamos nin prender o forno. Dende aquí, agradecer de novo á todas as persoas que traballan no Pazo de Vilane, non só por darme a oportunidade de probar esta delicia, senón por facer unhas marmeladas tan saborosas! Grazas! 😀

_________________________________________________

Blueberry cheesecake

Some days ago I got a present from O Pazo de Vilane. They invited me to taste their delicious homemade jams and I’m super happy for the invitation. These jams taste so natural! No matter how many jams you’ve tried before, this is going to be the best one. You can taste it’s all about fruit, and the sugar does not hide the natural fruit flavour, which is something I really appreciate. I’ve already tried two of the flavours they sent me, the blueberry one, and the raspberry one (I’ll show the recipe with this one very soon). And I’ve got the organic tomato one still waiting for me 😉 If you have the chance of trying them, please do! And we all know how well blueberry and cheesecake match, don’t you?

Ingredients:

– 100 gr Marie biscuits
– 50 gr butter
– 350 gr cream cheese
– 100 gr sugar
– 2 tbsp vanilla essence
– 220 ml Greek yogurt
– uns 10 gr powdered jelly
– 200 gr blueberry jam from O Pazo de Vilane

Baking mould: 20 cm.

Step by step preparation:

1. Process biscuits and mix them with the melted butter. Form the base of the cake and refrigerate while you prepare the rest of the cake.

2. Prepare 1/2 jelly powder (5 grams) in 3 tbsp cold water, and then add some hot water, so the jelly dissolves completely. Mix it with the rest of the ingredients: cream cheese, sugar, vanilla and yogurt.

3. Pour it over the biscuits base and allow to cool for, at least, a couple of hours.

4. Prepare the other 5 grams of jelly (following the same procedure) and mix it with the jelly. Pour it over the cake and allow to cool until fully consistent. And that’s it!

As you can see, the step by step is super easy! If you like cold cheesecakes, this is going to be one of your favourites 😉 And let’s be honest, preparing a homemade blueberry cheesecake without the need of an oven in these hot days is so worthy!!! So, thanks again for the present and for making a so delicious jam!!! 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.