Torta de queixo con Filipinos
Seica hoxe é o día da Torta de queixo, non si? Non é mal día entón. Pois aí vai unha receita! Lixeira, moi doada e mmmm, deliciosa! Sabíades que a primeira Torta de queixo data da época dos gregos? E a torta máis grande do mundo, incluída no record Guinness, foi feita en México. Ándale!
Agora que xa aprendemos algo sobre as Tortas de queixo, toca poñerse coas mans na masa! Alá imos!
Que é o que precisamos?
– 240 gramos de Filipinos brancos*
– 40 gramos de manteiga
– 350 gramos de queixo crema
– 100 gramos de azucre
– 2 culleradas de esencia de vainilla
– 220 ml. de iogur grego
– 1 sobre (10 gramos) de xelatina en po
Utensilios: molde de apertura lateral, un bol, picadora, batedor, unha cunca e unha pota.
Tempo de preparación: 20 minutos + 3 horas na neveira
Dificultade de elaboración: moi doado
*Podedes cambiar os Filipinos por calquera outra galleta que vos apeteza máis!
Imos ver como se fai paso a paso:
1. Comezamos picando 160 gramos de Filipinos nunha picadora ata que quede un picado ben fino.
2. Derretemos a manteiga e mezclámola cos Filipinos picados.
3. Esta mestura será a que usemos como base para a nosa torta, polo que unha vez ben mesturada, repartímola pola base do molde coa axuda dunha culler (ou coas mans!), procurando repartila ben por todo o fondo.
4. Os 80 gramos restantes cortámolos en anacos máis grandes e reservámolos para usalos despois.
5. Nunha cunca, botamos tres culleradas grandes de auga e engadimos a xelatina.
6. Quenta unha pota cun chisco de auga, pon dentro a cunca coa xelatina e déixaa ao baño maría ata que se desfaga totalmente.
7. Bate o queixo, o axucre e a esencia de vainilla ata que estea cremoso, e despois engade o iogur e a xelatina e mestura ben co batedor.
8. Chegou o momento de botar os Filipinos que cortaramos en anacos.
9. Botamos o queixo enriba da base de galletas e coa culler alisámola superficie da torta para que quede lisiña.
10. Metemos a torta na neveira durante aproximadamente 3 horas ou ata que a superficie estea dura.
11. Unha vez fría, podemos decorar a torta con anacos de galleta, froitas, chocolate… E a comer!!! Ñaaaaaam! 😛
__________________________________________________
Filipinos Cheesecake
So, today is Cheesecake day! Nice day, huh? Let’s do a cheesecake then! This recipe is very light, easy and mmm delicious! Did you know that back in ancient Greece people already ate cheesecakes? Clever guys these Greeks 😉 The World Record Guinness’ “Biggest Cheesecake in the world” is held by the Mexicans. Ándale!
Now that we have learnt something about cheesecakes, we are mooore than ready to do it! Hey, ho, let’s go!
And we need…
– 240 g Filipinos cookies*
– 40 g butter
– 350 g cream cheese
– 100 g sugar
– 2 tsp vanilla essence
– 220 ml. Greek yoghurt
– 1 sachet (10 g) powdered gelatine
*Or whatever cookie you may prefer!
Utensils: a spring form tin, a bowl, a food processor, a saucepan, a whisk, and a cup.
Preparation time: 20 minutes + 3 hours in the fridge
Difficulty: very easy
Let’s do it!
1. Using a food processor, process 160 g of Filipinos to a fine crumb.
2. Melt the butter and mix it with the cookies.
3. This is the mixture that will be used to form the base of the cake. Press it into the base of the tin.
4. Chop the remaining 80 grams and keep them to be used later on.
5. Put three tablespoons of water in a cup and add the powdered gelatine.
6. Put this cup inside a saucepan of hot water and heat until the gelatine is dissolved.
7. Beat the cheese, the yoghurt and the vanilla essence until smooth. Add the Greek yoghurt and the gelatine and mix well.
8. Now we stir the chopped Filipinos.
9. Pour the cheese mixture over the cookie base and using a spoon try to leave the surface as even as you can
10. Put the cake inside the fridge and leave for 3 hours or until it is set.
11. Feel free to decorate your cheesecake with fruits, cookies, chocolate or whatever you may think of! And now…the best part, eat it!!! Yummy! 😛
fíxena e saiu moi rica. grazas.
Grazas a ti por facela! Alégrome de que che saira ben e che gustara!!!