As 10 receitas máis vistas de 2018 / The top 10 recipes of 2018

As receitas máis vistas de 2018

E como xa está rematando o ano, toca facer balance de como foi este 2018 e cales foron as vosas receitas favoritas do blogue durante este ano que xa está a piques de rematar. Velaí vai o top 10 de receitas máis vistas deste ano! Continue reading “As 10 receitas máis vistas de 2018 / The top 10 recipes of 2018”

Parmentier de queixo San Simón con navallas / San Simon cheese Parmentier with razon shells

Parmentier de queixo, navallas ao allo e tellas de San Simón

Hai uns días chegoume un correo electrónico dunha páxina chamada Terra de preguntas na que me ofrecían enviarme uns produtos para que eu os probara e fixera con eles unha receita. Na súa tenda online hai diferentes produtos galegos e todo se fai cun especial agarimo, traballando con pequenos produtores e garantindo unha calidade excelente. Xa había tempo que tiña gana de facer un parmentier, é desas cousas que sempre que as vexo nalgún restaurante, aí vou dereitiña e pido ese prato, así que xa iba sendo hora de poder degustalo na casa. E que mellor que un queixo San Simón co seu sabor afumado para conseguir un parmentier cremoso cun sabor intenso. E para acompañalo, unhas navallas en conserva ao natural, que fritiremos cun chisco de allo e perexil para potenciar aínda máis o seu sabor. Ademais, co queixo, faremos tamén unhas tellas crocantes que son moi sinxelas, campan moi ben e saben aínda mellor. Imos aló! Continue reading “Parmentier de queixo San Simón con navallas / San Simon cheese Parmentier with razon shells”