Segunda Etapa / Second Stage: Orreaga / Roncesvalles

Segunda Etapa: Orreaga / Roncesvalles

Despois da primeira etapa en Sant Jean Pied de Port, entramos en territorio navarro por Roncesvalles (en Euskara: Orreaga). Aquí, degustaremos un produto típico desta zona: os cogomelos de primavera, coñecidos como perretxikos. Este cogomelo é carnoso e ten un aroma que recorda ao da fariña acabada de moer. Tamén coñecido como cogomelo de San Xurxo, este cogomelo comeza a aparecer nos prados durante a primavera, de aí o seu nome. Dos perretxikos dise que unha vez que se ven, xa non medran, de aí que saber onde coller estes cogomelos sexa un segredo ben gardado. Unha das receitas máis sinxelas e saborosas e que ademais saca o mellor destes cogomelos, é o REVOLTO DE PERRETXIKOS. O mellor de todo sería ter a posibilidade de ir buscalos ou cazalos, mais non sendo época ou non tendo a oportunidade, sempre os podedes mercar deshidratados, como fixen eu. E o certo é que están tan bos así, que non me imaxino como deben saber acabados de coller! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 200 gramos de perretxikos
– manteiga
– 1 dente de allo picado
– 3 ovos da casa
– sal, pementa e perexil
– pan torrado (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Fritimos os perretxikos e o dente de allo ben picadiño cun chorro de aceite de oliva e un pouco de manteiga (que sempre lle queda ben aos cogomelos). Salgamos.

2. Cando xa estean a punto e xa non teñamos un exceso de auga, botamos os ovos. A min gústame botalos enteiros e despois remexer a tope!

3. Mesturamos a lume non moi alto para que o ovo non calle de máis e nos quede un revolto seco. Probamos e salgamos de novo se fixera falta.

4. Cando estea ao noso gusto, engadimos pementa e perexil ben picado. E listo!

Para acompañar este revolto, podemos torrar un pouco de pan ou simplemente comprar pan torrado, que sempre lle acae moi ben ao revolto. Xa vedes que é unha receita sen moita complicación e ademais moi saudábel e, sobre todo, que nos brinda a oportunidade de probar os perretxikos, uns cogomelos cun sabor intenso e unha textura suave. Se estades facendo o Camiño na primavera, botade un ollo a ver se vedes algún perretxiko 🙂 Próxima Gastro-Etapa: Zubiri.

_____________________________________________________

Second Stage: Orreaga / Roncesvalles

After our first stage in Sant Jean Pied de Port, we get to Roncesvalles (in Euskara: Orreaga). Here, we will taste a typical natural product of Navarra: the perretxikos. Perretxikos are mushrooms which grow in spring, and this is the reason why they’re also known as Saint George’s mushrooms. About perretxikos, many people say that once you see them, they stop growing, and so if you know where to find them, you’ll never say a thing about it. One of the most simple and delicious recipes you can prepare with these mushrooms is scrambled eggs. If you have the opportunity of going mushroom hunting and get fresh perretxikos, don’t hesitate to do it, but if you don’t, as it was my case, you can buy them dehydrated. No more talking and let’s go!

Ingredients for 2 people:

– 200 gr perretxikos
– butter
– 1 finely chopped garlic clove
– 3 fresh eggs
– salt, pepper and parsley
– toasted bread (optional)

Step by step preparation:

1. Sauté perretxikos and garlic with a dash of olive oil and a bit of butter, which always gives a nice flavour to mushrooms. Salt.

2. When perretxikos are fully cooked, add in the eggs. I like doing it like this.

3. Scramble the eggs really quick and over a low-medium heat for a while. Don’t overcook because we don’t want it to be dry.

4. When ready, add pepper and chopped parsley. And that’s it!

To enjoy this super delicious dish, toast some bread, or buy some toasted bread and be ready to clean the plate! As you have seen, it’s a super simple recipe and the best of all is that you can have the chance of tasting this delicious mushroom. I’m already a huge fan of them! If you ever happen to see this mushroom, either fresh or dehydrated, buy it and enjoy it with some scrambled eggs! So amazing! Next Gastro-Stage: Zubiri.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.