Primeira Etapa: Sant Jean Pied de Port
Comezamos o Camiño de Santiago seguindo as etapas dun dos Camiños máis transitados para chegar a Compostela: O Camiño Francés. Esta primeira etapa comeza en Sant Jean Pied de Port. Esta vila forma parte do País Vasco francés e isto nótase tamén na súa gastronomía. Cando o cultivo de millo se fixo popular no País Vasco, a súa fariña empregábase para facer unhas tortas chamadas TALO que se comían a modo de pan para acompañar pratos como sopas ou queixos. O certo é que en moitas zonas rurais do País Vasco, o talo pasou a ser un alimento básico, especialmente para aquelas persoas que non se podían permitir un pan branco. Co paso do tempo e tendo en conta que a fariña milla foi perdendo presenza, o consumo do talo volveuse algo máis ocasional. A súa forma, textura, sabor e ingredientes recórdannos aos das tortillas típicas da gastronomía de países de América do Sur. O talo pode ir recheo de moitos ingredientes, sendo o máis habitual un bo anaco de chourizo ou txistorra. E aquí vos deixamos a receita.
Ingredientes para preparar o TALO:
– fariña milla
– auga quente
– sal
– fariña triga (opcional)
– queixo e chourizo fritido
Preparación paso a paso:
1. Poñemos a fariña milla nun cunco grande e engadimos auga ben quente e sal. As cantidades son difíciles de poñer porque depende moito da fariña, a auga, a temperatura e a maña de cada unha amasando.
2. Amasamos durante un tempo e deixamos repousar durante 15 minutos.
3. Formamos bolas e aplanámolas para formar unha torta que teña uns 0.5 cm de grosor. Se vedes que vos resulta moi complicado facer as tortas porque a masa queda moi húmida, moi seca ou rompe, podedes engadir máis auga e fariña triga.
4. Cando teñamos as tortas listas, fritímolas (ou ben sen nada de aceite, ou ben coa tixola untada lixeiramente de aceite) ata que estean douradiñas a lume medio-alto.
5. Despois só temos que enchelas de queixo (se están quentiñas mellor, así derreterase) e de chourizo fritido! Puro vicio!!! E listo! A zampaaar!!!
O seu sabor é suave e casa moi ben tanto co queixo como co chourizo fritido! Unha combinación espectacular! Se queredes probar o TALO sen ter que cociñalo, podedes pasarvos por algunha festa ou mercado popular do País Vasco, pois agora acostuman a facelos. Eu póñoo la lista de cousas pendentes, pois despois de facelo na casa, aínda teño máis ganas de probalo alí 🙂 Comezamos cunha primeira etapa moi lambona para coller forzas para seguir o Camiño. Próxima Gastro-Etapa: Orreaga/Roncesvalles.
______________________________________________
First Stage: Sant Jean Pied de Port
We start our Way to Santiago walking along the French Way, definitely the most famous, although all of them are really beautiful! The first stage starts in Sant Jean Pied de Port. This town belongs to the French Basque Country and we can see this in its gastronomy as well. When corn started to be popular in the Basque Country, its flour began to be used to prepare a kind of pancake called TALO which, at the time, was used as we use bread nowadays. The truth is that in rural areas of the Basque Country, talo was the main food of those people who couldn’t afford the so-called white bread. As time went by, and taking into account that corn flour began to lose its popularity, talo started to lose its presence in the basque cuisine. The form, texture, flavour and ingredients remind us to that of the corn tortillas of South America. Talo can be filled up with many different ingredients, being the most usual chorizo or txistorra. And here you have the recipe!
Ingredients to prepare talo:
– corn flour
– hot water
– salt
– wheat flour (optional)
– cheese and fried chorizo
Step by step preparation:
1. In a bowl, pour corn flour, hot water and salt. Quantities are here difficult to say because that depends on the flour, the water, the temperature and how we knead the dough.
2. Knead for a while and allow to rest for 15 minutes.
3. Form small balls and flatten them to form a “pancake” of around 0.5 cm wide. If you find too difficult to flatten the talo, either because it’s too dry, humid or it breaks when flattening it, you can add some wheat flour.
4. When talo is ready, fry it (either with no oil, or with just a little bit of olive oil) until golden at a medium-high temperature.
5. Then, fill them up with cheese (if hot better, cause the cheese will melt) and the fried chorizo! So delicious!!! And that’s it! Time to eat!!!
Its flavour is soft and it matches so well with cheese and chorizo! It’s absolutely amazing! If you want to taste talo without having to cook it, you can try it in some traditional fairs or markets in the Basque Country. I’m already looking forward to tasting them in there! We start in Sant Jean Pied de Port with a recipe which gives us enough energy to continue walking up to the next stage: Orreaga/Roncesvalles.