Crema de cabaza e mazá / Pumpkin and apple soup

Crema de cabaza e mazá

Pumpkin and apple soup

Ás veces pasa que cando un vai comer fora, xa non só vai comer, senón que vai investigar que pratos haberá no restaurante e así coller ideas e probar a facer algún deses pratos na casa. Nunha destas ocasións, estando de paparota no CGAC, había de primeiro prato Crema de cabaza e mazá. Pedina e mmm, que boa estaba! E é por iso que hoxe vos traio esta orixinal e ben sabedeira receita. Imos aló!

Ingredientes para 4 persoas:

– 600 gr cabaza (xa sen pel e pepas)
– 1 maza golden ou similar
– 2 cenorias
– 1 porro
– sal

Preparación paso a paso:

1. Pelamos e cortamos tódolos ingredientes.

2. Nunha pota, poñemos tódolos ingredientes, cubrímolos de auga, engadimos sal e deixamos cocer ata que todos estean ben brandiños e feitos.

Pumpkin and apple soup

3. Cando xa estean tódolos ingredientes cocidos, toca pasarlle a batedora. Podemos sacarlle unha pouca auga por se despois nos queda moi líquida. Batemos, poñémoslle unhas tiriñas de mazá para decorar e listo!

Pumpkin and apple soup

Xa temos preparada a crema de cabaza e mazá! Se vos gusta a crema de cabaza, esta seguro que vos encanta. A mazá dálle un toque doce que fará que non poidades deixar de repetir 🙂 E xa vedes que tanto os ingredientes como a preparación son moi doadas, así que agardo as vosas fotos 😉

_________________________________________________________

Pumpkin and apple soup

Pumpkin and apple soup

When I go out to have lunch or dinner, I do not only do it to try new things, but also to try different dishes that I can do afterwards at home. One day, as I was having lunch in CGAC’s restaurant (in Compostela), I asked for this soup and I was really surprised for its nice flavour. And that’s why I’ve decided to prepare it at home. Let’s go!

Ingredients for 4 people:

– 600 gr pumpkin (peeled and seedless)
– 1 golden apple
– 2 carrots
– 1 leek
– salt

Step by step preparation:

1. Peel and chop all the ingredients.

2. In a pot, add all the ingredients, cover them with water, add some salt and let boil until all ingredients are done.

Pumpkin and apple soup

3. When all ingredients are ready, it’s time to process them. If you think it’s going to be too liquid, take some water out. Add some apple strips to decorate and that’s it!

Pumpkin and apple soup

And here we have our pumpkin and apple soup! If you like the pumpkin one, you’re going to love this version. The apple will give it a sweet touch which will make you repeat 🙂 As you can see, both the ingredients and the preparation are very easy, so I wait for your pictures to come! 😉

2 thoughts on “Crema de cabaza e mazá / Pumpkin and apple soup

  1. Vouna probar, precisamente hoxe me regalaron un par de cabazos!! qué pintaza!!
    e qué magoa que pecharan o restaurante do CGAC era unha maravilla tanto o menú como o entorno, superagradable!!

    1. Sí que é unha mágoa, sí. A min é un sitio que me encantaba! E os menús estaban sempre moi saborosos e eran ben orixinais 🙂 O toque de mazá quédalle moi ben, xa verás como che gusta! E xa me contarás 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *