Crema de cabaciña / Zucchini soup

Crema de cabaciña

Zucchini soup

Outra receita de crema! Desta vez, aínda máis sinxela e moi saborosa. Tendo cabaciñas na casa, podemos facer esta saborosa crema e tomar de postre esta torta de chocolate, que fará que os máis chocolateiros non poidan deixar de repetir. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 cabaciña duns 500 gramos
– 1 porro
– sal
– 2 queixiños

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a cabaciña e o porro en anacos e poñémolos a cocer en auga con sal.

Zucchini soup

2. Cando xa estea cocido, batemos todo. (Recordade que o mellor é sacarlle un pouco de auga, e se despois a precisa, engadirlle, para evitar que nos quede rara de máis) E engadimos os queixiños, batendo todo de novo.

Zucchini soup

3. Servimos cuns anaquiños de queixiño. E listo!

Zucchini soup

Xa vedes que é moi sinxela, saudable e moi nutritiva. Se non vos gustan os queixiños, tamén podedes engadirlle leite ou crema de leite.

____________________________________________

Zucchini soup

Zucchini soup

When days are grey and cold, it’s time for soups! And especially having zucchinis from the garden, which you can use either for this soup or for this cake. Chocoholics will love it! Let’s see how to prepare this simole zucchini soup!

Ingredients for 2:

– 1 zucchini of around 500 gr
– 1 leek
– salt
– 2 cream cheese wedges

Step by step preparation:

1. Chop the leek and the zucchini and boil it in salted water.

Zucchini soup

2. When boiled, it’s time to process it. (Remember it’s better to take some water out to stop it from being too liquid, and then add it some more, if necessary) Add the cream cheese wedges and mix it all.

Zucchini soup

3. Serve it some chopped cream cheese wedges. And that’s it!

Zucchini soup

Easy, healthy and very nutritious. If you don’t like cheese wedges, you can also use cream or milk. It will be very tasty as well.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.