Viaxe gastronómica – LISBOA – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: Lisboa

Lisboa

Se algunha vez tivestes a ocasión (e a sorte) de visitar Lisboa, saberedes que se cumple moito e ben o dito de que quen non veu Lisboa, non veu cousa boa. Non sei dicir que é o que me gusta máis de Lisboa, se a amabilidade dos lisboetas (e dos portugueses, en xeral), se porque me sinto coma en Galiza, se pola súa fermosura, se pola súa tranquilidade…supoño que por todo iso, e moito máis. Os milleiros de maneiras de cociñar o bacallau, os saborosísimos “secretos de porco preto” ou os sempre larpeiros pastéis de Belem fan que Lisboa non só entre ben polos ollos, senón tamén polo padal e, por suposto, polo corazón.

De seguro que podería escribir máis dun artigo sobre Lisboa, mais entendo que o que me ocupa é falar sobre gastronomía e recomendarvos algún sitiño que outro que me gustou. Así que imos ao choio!

Café 28 (Rua de Santa Cruz do Castelo 45)

Subir ao castelo no tram 28 é parte do encanto de Lisboa, mais se un decide ir a pé, o mellor é recuperar forzas no Café 28. Un bar tan ben decorado que mesmo semella que imos dentro do tram. Eu tomeille un chocolate com natas, mais hai un pouco de todo, mesmo saladas, quiches, sanduíches… Por certo, o chocolate estaba boísimo! 😉

Cafe 28

Lisboa

cafe 28

Claras em castelo (Rua Bartolomeu Gusmão, 31)

Seguindo o roteiro polo castelo, demos con este pequeno e acolledor restaurante. Xa tiñamos algunha idea del despois de ler algunha que outra opinión en Tripadvisor, mais atopámolo por casualidade. Se teño que destacar algo deste local é a amabilidade e o bo facer, nótase que poñen agarimo en todo o que fan. Deses lugares onde sentes que estás na casa.

Para comezar, pedimos unha táboa de queixos. Había de cabra, de ovella, de cabra e ovella e de vaca das Açores. Todos moi gostosos.

claras em castelo

E despois cada un (eramos 4) pedimos un prato. Para resumir, xa vos adianto que todos estaban moi moi moi saborosos 😉

claras em castelo
Salmão com vinho do Porto. Moi saboroso

claras em castelo
Empadão de vitela. Puré de pataca moi cremoso con vitela picada e unhas láminas de chourizo moi boas.

claras em castelo
Lombinhos de porco. Un prebe delicioso e un acompañamento xenial.

claras em castelo
Bacallau com natas. Non podía faltar un pratiño de bacallau. Cremoso, suave e cheo de sabor.

E en canto ás sobremesas, o mellor que podo dicir é que eran caseiras, e con iso xa case digo todo.

claras em castelo
Tarta tatin de pera. Aínda viña algo morna (para min unha vantaxe) e estaba boísima. É pensar nela mentres escribo é ter gana de comela outra vez. Un verdadeiro pracer para os sentidos.

claras em castelo
Pastel de laranxa. Incrible sabor, suculento, intenso sabor a laranxa. Ótimo!

Se tedes a oportunidade de probar este restaurante, facédeo. Tódolos pratos estaban moi bos e a atención non podía ser mellor. Agardo que lean isto, e que lles guste tanto como a min me gustou comer no seu restaurante. Moito obrigado. Foi un prazer!!! Sentirme en Lisboa como na casa é en boa parte grazas a xente coma vós.

Comensais: 4
Prezo: sobre 24 euros por persoa (viño incluído)

Chão De Pedra (Rua de Sao Filipe Neri 18-20)

De camiño á Praça Marquês de Pombal, atopamos este restaurante, un pouco máis alonxado da zona máis turística e que nos servirá para cambiar un pouco o tan recurrente (e ben prepardo) bacallau ou os “secretos de porco preto”, que case atoparedes en tódolos restaurantes de Lisboa (e cunha calidade incrible!)

Estes foron os pratos que pedimos.

chao de pedra
Coxa de pato confitada com ananás. A carne estaba no seu punto xusto, nin dura nin seca. E o ananás quedáballe de marabilla.

chao de pedra
Folhado de galinha com amêndoas torradas. O folhado non era do máis saboroso, mais o recheo de galiña e verduriñas estaba moi suculento e moi rico.

chao de pedra
Bochechas de porco. Unha carne moi apetitosa cun acompañamento de puré de patacas que lle quedaba moi ben.

chao de pedra
Alcatra de vitela con cebola caramelizada em vinho tinto. Como é xeral en Lisboa, a carne sempre no seu punto e realmente sabedeira. E o prebe de viño tinto dáballe a carne un toque especial.

Sobremesas

chao de pedra
Sopa de morango com mousse de chocolate branco. Gustoume moito a presentación da mousse porque como vedes na foto, semella un xeado. Unha textura especial e diferente ás mousses que probara ata o de agora. O sabor a chocolate notábase, sen ser pesado nin doce de máis. E a sopa de morango era o acompañamento perfecto.

chao de pedra
Bolinho cremoso de chocolate com morangos. O bolinho viña sendo un coulant de chocolate, e o coulant é sempre unha aposta sobre seguro. Moi saboroso.

ginjinha
E para rematar, déronnos a probar a ginjinha, un licor de guindas que segundo a wikipedia “foi un galego, Francisco Espiñeira, quen levou a Lisboa o licor de guindas, fundando en 1840 a primeira marca comercial de ginjinha, Espinheira, que continúa producíndose hoxe en día pola quinta xeración de descendentes de Francisco Espiñeira.” Andamos metidos en todas! E teño que dicir que, aínda que non son moito destas cousas, sóupocheme ben 😛

Comensais: 4
Prezo: uns 20 euros por persoa (sen viño)

Castanhas assadas, Pastéis de Belem e conservas

Xa que estamos en Lisboa, podemos aproveitar para probar unhas castanhas assadas. Xa vedes que a cor é diferente ao que normalmente vemos por aquí. Non vos vou dicir o que levan, porque como dixo o vendedor, é segredo portugués, así que…hai que mercalas e probalas 🙂
1 ducia: 2 euros

castanhas assadas

Os pasteis de nata verédelos por todas partes. O meu consello é que vaiades ata Belem e merquedes uns pastéis de Belem na tenda orixinal, na que ten a receita segreda, a de sempre. Eu probei os dous, os das confeitarias do centro de Lisboa e o da confeitaria de Belem, e sí, o seu sabor é moi diferente. Así que tendes que facer a proba.
Cada pastel de Belem: 1,05

pastéis de belem

E, por último, gardade un anaquiño de tempo para mercar algunha conserva. Na Loja das Conservas (rúa do Arsenal) hai unha chea delas, e paga a pena dar un paseíño por alí. Eu merquei unhas latas de conserva no castelo, nunha orixinal tenda chamada Miss Can. Deixovos unhas fotiños para que vexades que orixinal era todo o envoltorio. Estas eran as Miss Can Patriot porque eran de bacallau. Por certo, riquísimo!
3 latas de bacallau en conserva preparado de tres maneiras diferentes: 15 euros

miss can patriot

miss can patriot

miss can patriot

E estas son as principais recomendacións gastronómicas de Lisboa que vos quería facer. Se queredes saber dalgún sitio máis, non dubidedes en poñervos en contacto comigo. Aquí non poño máis por cuestións de espazo 🙂 Agardo que vos gustara e que teñades a oportunidade de probar algunha delas. Agardo as vosas opinións, comentarios e/ou preguntas.

_______________________________________________________

Gastronomic trip: Lisbon

Lisboa

If you had already had the opportunity of travelling to Lisboa, you will now know how beautiful it is and that the saying Quem não foi a Lisboa, não viu coisa boa (Those who never went to Lisbon, never saw a good thing) is totally true. I am in love with Lisboa, and if I have to choose the reason why, I cannot tell. It may be because of Portuguese people, always sooo kind and helpful, because it reminds me of Galiza so much, or maybe because its quietness and beauty…or even a little bit of everything. Their thousands of cod recipes, their yummy lean pork filets and their sweet and delicious pastéis de Belem (custard tarts) turn Lisbon into a city you will immediately fall for.

I’m sure it wouldn’t be difficult for me to write more than one article about Lisboa, but I assume my task here is to tell you about some food and restaurants you can go to to live a good gastronomic experience, so let’s go!

Café 28 (Rua de Santa Cruz do Castelo 45)

Going to S. Jorge castle on tram 28 is an essential part of our trip, but if we decide to go on foot, we can then stop at this beautiful café whish looks exactly like a tram. I had a chocolate com natas, but you can even have some lunch or dinner here. There are salads, quiches and sadwiches as well. By the way, chocolate was delicious!

Cafe 28

Lisboa

cafe 28

Claras em castelo (Rua Bartolomeu Gusmão, 31)

Going around the castle, we find this small but cozy restaurant. We had already had read some good opinions about it on Tripadvisor, but we found it by chance. Its strongest point is the kindness and the friendliness of the owners. You can make yourself comfortable and feel like home, as they try to make you feel that way.

To begin with, we asked for some cheeses. And we got a good selection of them: goat, sheep, goat and sheep and Açores cows. All of them very tasty.

claras em castelo

And then, each of us (we were 4) asked for a main course. To sum up a bit, just tell you all of them were delicious and we all enjoyed the meal a lot 😉

claras em castelo
Salmão com vinho do Porto (Salmon with Porto wine). Very tasty

claras em castelo
Empadão de vitela. (Similar to shepher’s pie) Delicious chorizo on top.

claras em castelo
Lombinhos de porco. (Pork filets) A flavourful sauce and an excellent side dish.

claras em castelo
Bacallau com natas. (Cod in cream) A typical cod recipe, creamy, smooth and full of flavour.

About the dessert, the best thing was that they were homemade, and that means a lot!

claras em castelo
Tarta tatin de pera. Aínda viña algo morna (para min unha vantaxe) e estaba boísima. E pensar nela mentres escribo é ter gana de comela outra vez. Un verdadeiro pracer para os sentidos.

claras em castelo
Pastel de laranxa. Incrible sabor, suculento, intenso sabor a laranxa. Ótimo!

If you have the opportunity of going to this restaurant, do it. All dishes were incredible and they were very kind and attentive. I hope they like this opinion and recommendation as much as I liked their food. Moito obrigado, foi un prazer. You made us feel like home.

Customers: 4
Price: around 24 euros per person (wine included)

Chão De Pedra (Rua de Sao Filipe Neri 18-20)

Walking up and down Lisboa and coming close to Praça Marquês de Pombal, we find this restaurant, far from the most touristic places and which will be perfect to change from the usual (and always so well prepared) cod and the forever delicious “secretos de porco preto” (lean pork filets), which you will find in almost every spot.
These were the dishes we asked for.

chao de pedra
Coxa de pato confitada com ananás. (Duck thigh confit with pineapple) Duck meat was really good, neither dry not hard. And pineapple matched perfectly with it.

chao de pedra
Folhado de galinha com amêndoas torradas. (Chicken meat with veggies and puff pastry The puff pastry was a bit dry, but the chicken and veggies filling was delicious and succulent.

chao de pedra
Bochechas de porco. (Pork cheeks) Again, full of flavour and tasty, with some mashed potatoes and salad.

chao de pedra
Alcatra de vitela con cebola caramelizada em vinho tinto. (Beef rump with caramelised onion in Port wine) As a general thing in Lisboa, meat was always good and incredibly succulent and delicious. And Port wine is undoubtedly a good match.

Dessert

chao de pedra
Sopa de morango com mousse de chocolate branco. (Strawberry soup with white chocolate mousse) I loved the way they prepare the white chocolate mousse because it looked like an ice-cream. The texture was a little bit harder than the usual mousse, and the white choc flavour was prominent but not excessively sweet.

chao de pedra
Bolinho cremoso de chocolate com morangos. (Choco lava cake with strawberries) Coulant is always a good move. Right texture and perfect flavour.

ginjinha
And last, but definitely not least, they gave us a try of ginjinha, a liqueur made with sour cherries, which, according to wikipedia it was “a Galician friar of the Church of Santo António, Francisco Espinheira, had the experience of leaving ginja berries in aguardente (the Portuguese brandy), adding sugar, water and cinnamon. The success was immediate and Ginginha became the typical drink of Lisbon.” The truth is though I’m not fond of liqueurs, this one I really enjoyed it 😛

Customers: 4
Price: c. 20 euros per person (no wine)

Castanhas assadas (roasted chestnuts), Pastéis de Belem & canned food

Now that we are in Lisboa, we can buy and eat these roasted chestnuts you will find along its main streets. The colour is different from those we find in Galiza, but I cannot tell you how they prepare the, because the seller told me this was a Portuguese secret, so you will have to taste them by youself.
1 dozen: 2 euros

castanhas assadas

Custard tarts (Pastéis de Belem) were all around us. My advice is that you buy one (or more, of course!) in any bakery in Lisboa’s downtown and then go to Belem and buy the original ones in the bakery which has the secret recipe. I will just tell you they taste differently.
Each pastel de Belem (in Belem): 1,05 euros

pastéis de belem

And if you like canned food, you can have a look at A Loja das Conservas (Rúa do Arsenal) and enjoy the many types and brands they have there. I bought some in a very cute shop inside the castle: Miss Can. I bought the Patriot ones, which were made out of cod, of course! The wrapping was very original and the cod delicious.
3 cans of cod prepared in 3 different ways: 15 euros

miss can patriot

miss can patriot

miss can patriot

And these are my gastronomic recommendations about Lisbon. If you ever happen to go there, and you want to know more about restaurants, hotels, places to visit…whatever! Just ask. I write no more cause otherwise the post will be very long and you will get tired of reading. I hope you like them, and if you go there and follow my advice, let me know!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.