Viaxe gastronómica: Oslo
Son un desastre para escribir sobre estas cousas, pero cando unha vai de viaxe sempre se agradece ter a alguén que che recomende algún sitio onde comer ben e, a poder ser, barato. E isto complícase algo máis en Oslo, unha das cidades máis caras do mundo. Eu falareivos de tres locales que me gustaron e que teñen unha boa relación calidade-prezo: un italiano, un de crepes e outro de comida típica norueguesa.
Ristorante Mamma Pizza: Passione per la qualità
Dronningens gate 22
En pleno centro de Oslo e moi pretiño da estación central de tren, atopamos este pequeno local levado por italianos. O personal é moi amable e a oferta moi variada. A miña recomendación sería a pasta fresca, que segundo me contaron, traen de Bologna. Tanto as pastas como as pizzas están boísimas.
*Pasta fresca con salsa de cogomelos e panceta
E de prezo, unha media de 10 euros por prato. E xa vos digo que é moooi barato para ser Oslo.
Crêperie de Mari
Torgatta 9
Esta creperia tamén está no centro, a uns pasos da catedral. O único inconvinte é que a carta está en noruegués, pero non teñades medo e preguntade, os traballadores falan inglés de marabilla e non todos son noruegueses 😉 As crepes (para ser crepes) son algo careiras, pero están boísimas, e as doces mmmm, xa nin vos conto!
*Crepe de espinacas, queixo Brie, noces, rúcula, framboesas deshidratadas e mel
*Crepe de espinacas, rúcula, queixo Brie, noces e salsa pesto.
*Crepe do chef: améndoas, amorodos, banana, e nutella.
Como xa vos dixen, para ser crepes eran bastante careiras, uns 15 € por persoa neste caso.
Elias mat & sånt
Kristian Augusts gate 14
Este restaurante está entre o Parlamento e o Palacio Real, meténdovos pola rúa de Universitatsgata. É o restaurante perfecto para probar pratos noruegueses de salmón ou de reno (saborosííísimo!!!)
Tede en conta que nalgúns restaurantes, e este é un deles, teñen un menú para o xantar e outro para a cea. No menú de cea será no que atoparedes os pratos máis contundentes, e para o xantar, pratos máis lixeiros como ensaladas, tostas ou cremas.
Menú de xantar
*Crema de cabaciña con queixo relado
*Tosta de ovos revoltos con salmón afumado
Menú de cea
*Guiso tradicional de reno con cenorias, queixo de caramelo, cogomelos, puré de pataca e uns froitos similares aos arándanos vermellos típicos da cociña Escandinava. Estaba boísimo, aínda soño con tomalo de novo hihi
Se vos apetece probar estes froitos, podedes mercar a súa marmelada na tenda do Ikea 😉
*Chuletas de cordeiro con viño do Porto, puré picante de remolacha, patacas asadas con aceitunas e cogomelos
En canto á o prezo, uns 20 euros por persoa.
Por certo! Se vos gustou a pinta do Capuccino ou da cunca de chocolate que puxen no facebook, só tendes que buscar un Kaffebrenneriet, cousa que non será difícil, pois hai unha chea deles. Para min, o mellor, o que está no centro comercial Aker Brygge.
Se tendes pensado viaxar a Oslo, non dubidedes en mandarme un correo ou preguntarme calquera dúbida tanto pola páxina como polas redes sociais sobre o que queirades: hoteis, sitios onde comer, que visitar… o que se vos ocorra!
Ademáis de a Oslo, a visita ampliouse a Longyearbyen (Illas Svalbard), unhas illas a tan só 1309 km do Polo Norte.
Alí comemos sushi no Sushi Kita, o restaurante xaponés máis ao norte do mundo. Mirade que pintaza ten o salmón! Sen dúbida, o máis saboroso que probei ata o de agora (e mira que son de probar sushi vaia onde vaia!)
Ademáis, tamén probamos
*Xeado de leite de cabra con cloudberries, outro froito típico de Escandinavia 🙂 Semellan framboesas amarelas e están moi bos
*Arenques marinados, caviar en bote e salmón marinado para o almorzo
Creo que o deixarei aquí, para non escribir de máis. Se queredes información sobre as illas: roupa que levar, onde comer, que facer…xa sabedes, aqui estou, para resolver as vosas dúbidas.
__________________________________________________
Gastronomic trip: Oslo
I’m sort of a disaster when comes to writing these posts, but when you think of travelling somewhere, it’s good to know where to eat, and if possible, cheaply. And this is especially complicated in Oslo, one of the most expensive cities in the world. I will just tell you about three places that I liked and have a good quality-price relation: an Italian, a creperie and a restaurant to try Norgewian dishes.
Ristorante Mamma Pizza: Passione per la qualità
Dronningens gate 22
In Oslo’s city center and very close to its central train station, we find this small place run by Italians. The workers are all really friendly and what they offer is quite varied. My recommendation is fresh pasta which, according to what they told me, is bought in Bologna. All pizzas and pasta are incredibly tasty.
*Fresh pasta with mushrooms, bacon and cream
About the price, around 10€ per person. And, again, in Oslo, this is veeery cheap.
Crêperie de Mari
Torgatta 9
This creperie is in the city center as well, near the cathedral. The only inconvenient is that the dishes are not in English, but don’t worry, you can ask the staff, they’re very helpful and speak English fluently. Crepes are somehow expensive (considering they’re just crepes) but they’re delicious and the sweet ones even better!
*Crepe with spinach, salad rocket, Brie cheese, walnuts, dried raspberries and honey.
*Crepe with spinach, salad rocket, Brie cheese, walnuts and pesto sauce.
*Crepe du chef: almonds, strawberries, banana and nutella.
As I told you, they were expensive if we comsider they’re just crepes, around 15€ per person.
Elias mat & sånt
Kristian Augusts gate 14
This restaurante is somehow between the Parliament and the Royal Palace, walking along Universitatsgata street. This is the perfect restaurant to try norwegian dishes, like salmon or reindeer (extremely yummy!!!)
One thing you have to take into account is that some restaurants, like this one, have a lunch menu which is different from the dinner menu. The dinner menu includes more norwegian specialities, and the lunch menu includes more light dishes such as salada or toasts.
Lunch menu
*Pumpkin soup with grated cheese
*Scrambled eggs and smoked salmon toast
Dinner menu
*Traditional reindeer stew with carrots, caramel cheese, mushrooms, smashed potato, and lingonberries, berries typical from Scandinavia. It was delicious and I keep on dreaming with its flavour hihi
If you’d like to try these berries, you can buy lingonberry jam in the Ikea food shop.
*Lamb chops with Porto wine sauce, spicy beetroot purée, boiled potatoes with olives and mushrooms
About the price, around 20 € per person.
BTW! If you liked the Capuccino and the hot chocolate I showed on Facebook, look for a Kaffebrenneriet. There are lots of them, but my favourite was the one in the shopping mall Aker Brygge.
If you have thought about travelling to Oslo and you need some info, please let me know, either by sending me an e-mail or asking in facebook or twitter. You can ask whatever it may occur to you: hotels, attractions, more restaurants…whatever! 😉
Apart from Oslo, we also visited Longyearbyen -Svalbard Islands-, which are just 1309 km away from the North Pole.
There, we tried sushi in Sushi Kita, the Northernmost Japanese restaurant in the world. Look at the salmon! It’s…WOW! It’s the most delicious and fresh salmon I have ever tried (and I’ve tried A LOT)
Besides, we have also tried…
*Goat’s milk ice-cream with cloudberries, another berry typical from Scandinavia, similar to raspberries but yellow. Very tasty!
*Marinated herring, caviar in a tube and marinated salmon
And that’s it! Again, if you want info about the islands: clothes to wear, where to est, what to do…please tell me! I’ll be happy to answer.
Que ganas me deros de probar o reno! É parecido ao cervo, ou ao corzo??
Eu o corzo nunca o probei, pero en comparación co cervo, o reno aínda está máis saboroso, e ademáis, o sabor non é tan forte. Tiña que ter traido un pouco de reno para repartir 😉