Pizza vexetal / Veggies pizza

Pizza vexetal

image

E outra de pizza! Desta vez, pizza vexetal! Para preparala, podedes variar os ingredientes, escollendo aqueles vexetais que máis vos gusten! Despois de probala, direivos que a berenxena está boísima así feita ao forno, polo que eu de vós, poñeríalle máis! Imos aló!

Ingredientes:

– masa de pizza caseira (receita aquí)
– prebe de tomate
– 250 gramos de mozzarella relada
– 1 tomate
– 1 berenxena
– 1 cabaciño
– 1 pemento vermello
– queixo Stilton

Preparación paso a paso:

1. Repartimos o prebe de tomate por toda a base.

2. Engadimos a mozzarella relada cubrindo tamén toda a pizza.

3. Cortamos o cabaciño, a berenxena, o tomate e o pemento. E colocámolos enriba da mozzarella.

4. Botamos un chisco de queixo Stilton repartido en pequenos anacos.

image

5. Metémola no forno a uns 200°C ata que estea douradiña por abaixo. E listo!

image

Bo proveito!

**Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

___________________________________________________

Veggies pizza

image

Another pizza recipe! This time, a vegetables one! To prepare it, you can choose those ingredientes you prefer. I must tell you that the eggplant is absolutely delicious and if I had to do this pizza again, I will put more eggplant for sure! Let’s go!

Ingredients:

– Home-made pizza dough (recipe here)
– tomato sauce
– 250 gr grated mozzarell
– 1 tomato
– 1 eggplant
– 1 zucchini
– 1 red bell pepper
– Stilton cheese

Step by step preparation:

1. Pour the tomato sauce and spread it all over the base.

2. Add the grated mozzarella.

3. Cut the zucchini, eggplant, tomate and pepper. And put them as you like it over the mozzarella.

4. Add some Stilton cheese.

image

5. Bake at 200°C / 400°F until the pizza base is golden brown.

image

Enjoy!

**If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *