Pizza cremosa de touciño e pan de sapo / Creamy bacon and mushrooms pizza

Pizza cremosa de touciño e pan de sapo*

image

*En galego, os cogomelos coñécense, popularmente, como pan de sapo. O que non sabía eu é que tamén se lle chamaban pan de raposo ou pan de cobra. Coñecedes vós algún nome máis?

Despois do éxito da primeira receita de pizza, aqui vai esta outra. Desta vez, unha receita de pizza cremosiña que está para relamber os dedos! Se vos gustan as pizzas carbonara, esta encantaravos. E, coma sempre, super sinxela.

A receita da masa, podedes vela AQUÍ. Nesta ocasión, sustituín o tomiño por ourego, para ir variando os sabores, e a verdade é que tamén lle queda realmente ben.

Ingredientes:

– 1 masa de pizza caseira
– 2 tomates pequenos lixeiramente maduros
– 1/2 bandexiña de cogomelos frescos (sobre 125 gramos)
– 3 ou 4 tiras de touciño
– 1/2 cebola pequena
– prebe de tomate
– leite evaporado ou tona
– mozzarella relada
– ourego

Preparación paso a paso:

1. Unha vez teñamos a masa preparada, engadimos o prebe de tomate e a mozarella, repartíndoa ben por toda a masa.

2. Cortamos os dous tomates en láminas e engadímolos.

3. Fritimos un 1/4 de cebola xunto co toucipo. Cando o touciño estea xa douradiño, engadimos o leite evaporado ou a tona, e deixamos ferver ata que o leite comece a espesar.

4. Cando xa teña un aspecto cremoso, engadiremos esta cremiña de touciño á pizza, repartíndoa ben. Poñeremos tamén o resto da cebola, sen cociñar.

5. Pasaremos un chisco os cogomelos cortados en láminas, dándolles un lixeiro fervor cun chisco de leite evaporado. Engadimos.

6. Botamos ourego por riba da pizza e listo! Ao forno!

image

7. Poñerémola no forno a uns 200ºC, con calor só por abaixo, ata que a masa estea ben torradiña.

image

E a comer!!! Repetiredes seguro! Porque eu xa estou pensando no día en que a volverei facer… 😛

_______________________________________________________

Creamy bacon and mushrooms pizza

image

In Galician, mushrooms are commonly known as toad’s bread, fox’s bread or even cobra’s bread, is there any popular name in English too? If you know, leave a comment in the comment box.

After the success of the previous pizza recipe, here’s this delicious bacon and mushrooms pizza that you’ll love!

You can have a look at the home-made pizza dough recipe HERE. This time, I used oregano instead of thyme and it’s really tasty as well.

Ingredients:

– 1 home-made pizza dough
– 2 little ripe tomatos
– 125 gr mushrooms
– 3 or 4 bacon slices
– 1/2 little onion
– tomato sauce
– evaporated milk or cream
– grated mozzarella
– oregano

Step by step preparation:

1. Once the dough is ready, add the tomato sauce and the grated mozzarella.

2. Cut the tomatoes into slices and put them over the mozzarella.

3. Fry 1/4 onion with the bacon. When the bacon is ready, add the evaporated milk or the cream and let ir boil until creamy.

4. When it gets a nice thick texture, pour it over the pizza. Add the other 1/2 onion too.

5. Fry the mushrooms cut into slices with a bit of evaporated milk. Add them too.

6. Add some oregano and that’s it! To the oven.

image

7. Bake at 200°C/400°F until the dough is golden brown and crunchy.

image

And time to eat! You’ll definitely repeat! I’m already thinking about the day I’ll prepare it again… 😛

4 Comments

  1. Que pintaza!! Que fame mmmm… (e iso que acabo de comer), hahaha!

    • Hehehe! Cada vez que penso no boa que estaba, pásame igual, aínda que teña acabado de comer! Graciñas mil! 🙂

  2. ¿envías a domicilio? Porque si es así quiero dos familiares con Torta de 1906 de postre. Gracias

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.