Esta é unha desas receitas que, como dirían as Tanxugueiras, veñen para quedar. Nós xa a fixemos máis dunha vez e, de feito, unha cea sempre a apañamos con esta scarpaccia de cabaciña. Esta receita de scarpaccia vina por primeira vez no Instagram de Dr. Vegan e foi amor a […]
Cociña tradicional
Proia de Pontedeume
Hai lambetadas que son amor a primeira vista. Teñen algo que nos entra polos ollos. E o meu coa proia de Pontedeume foi algo así. Quizais non a primeira vista, mais definitivamente a primeira trabada. E vaia sabor! E non fun a única. Todas as persoas que a probaron concordan […]
Bagels: receita rápida
Máis ou menos desde o verán andaba a darlle voltas á idea de facer bagels. Mais por unha cousa ou por outra, nunca remataba por facelos. Cando me puxen a investigar sobre como se facían, vin que era un proceso bastante longo. Amasar, fermentar, cocer e enfornar. Moito choio. Xa […]
Gofres de Liexa
Feliz Día Mundial do GOFRE!!! Como xa vos contei hai algún tempo, gústanme moito os libros de cociña. De feito, gústanme os libros, así en xeral. Diría que teño a síndrome esa de mercar libros, aínda que despois non os lea, ou tarde moito en lelos. Mais adoro ver libros […]
Alcachofas ao microondas
Hoxe, 16 de marzo, festéxase o DÍA DA ALCACHOFA. E eu teño a sorte de ter moi perto a alguén que as coñece ben. Tanto para saber se están no seu punto óptimo como para cociñalas. Unha boa alcachofa ten que estar ben pechada e dura. Coas follas ben pegadiñas. […]
Filloas de castañas
Hoxe vai de confesións. Gústame moito cociñar con fariña de castañas. Coido que é un produto que debemos coidar e darlle moito uso, pois o certo é que neste país temos moi boa materia prima de castañas. Despois de probar a facer a bica con esta fariña, e estando xa […]