Polo Tikka Masala

Adoito dicirvos en moitas ocasións iso de que xa había tempo que tiña gana de facer a receita da que vos falo. Mais nesta ocasión non foi así. E todo por causa dos amigos e amigas de Quinteiro Doce. Puxéronme de deberes pensar nunha receita para facer coas súas especias. Tocaba discurrir! E xa vos confeso que a inspiración non chegaba. Así que o día que me preguntaron que ía preparar, para mandarme as especias, saiume de non sei onde: polo Tikka Masala. E por que? Quen o sabe. Aí estaría gardado na miña cabeza a saber desde cando. O caso é que é unha receita moi sinxela, como a min me gustan. Con ingredientes ben doados e un resultado de vicio!

Polo Tikka Masala
Polo Tikka Masala

O polo maríñase durante unhas horas ou toda a noite. E iso fai que a carne quede taaan tenra e cun sabor tan suave, que ha gustar ata a quen non adoita gostar do polo. O prebe e as especias son as que dan carácter a esta receita. E aínda que pareza que leva moitas (e si, leva abondo), o seu sabor é harmonioso e equilibrado. Por suposto que se non comedes polo, tamén se pode facer con tofu ou seitán. E queda igual de sabedeiro.

Polo Tikka Masala
Polo Tikka Masala

Para aproveitar esa marabilla de prebe, un arroz basmati é o ideal. E se queredes acompañalo tamén cun pouco pan de pita para remollar, quen son eu para dicirvos que non? Como veredes nos ingredientes, o picante é opcional. De feito, eu fíxeno sen el. Todas as especias que saen na receita podedes mercalas no comercio local galego, que é onde poderedes atopar os produtos de Quinteiro Doce.

Ingredientes

  • Para o mariñado do polo
  • 800 gramos de sobrecoxas sen pel, sen oso e cortadas en anacos de trabada

  • 230 gramos de iogur

  • 1 cullerada e 1/2 de allo en po

  • 2 culleradiñas de garam masala

  • 1 culleradiña de: cúrcuma, xenxibre en po, comiño moído, pemento doce e sal

  • 1/2 culleradiña de pemento picante (opcional)

  • Para o prebe
  • 2 culleradas de aceite de xirasol

  • 2 culleradas de manteiga

  • 2 cebolas pequenas ou 1 grande

  • 1 cullerada e 1/2 de: allo en po, garam masala e comiño moído.

  • 1 cullerada de: xenxibre en po, cúrcuma, pemento doce, pemento pincante (opcional), sal e azucre moreno.

  • 400 gramos de passata ou puré de tomate

  • 300 ml de nata para cociñar

  • coandro fresco para decorar

  • Arros basmati cocido e pan de pita (opcional)

Preparación

  • A noite anterior, preparamos o polo. Temos que sacarlle a pel, o óso e cortalo en anacos pequenos.
  • Nun cunco, botamos o iogur e as especias e remexemos todo ben.polo Tikka Masala
  • Engadimos o polo, mesturamos e tapamos. Deixamos que repouse na neveira ata o día seguinte. Se non tedes tanto tempo, deixádeo mínimo 10 minutos.polo Tikka Masala
  • Ao día seguinte, sacamos o polo da neveira e fritímolo. Convén fritilo en dúas veces para que se faga mellor. Botamos unha cullerada de aceite de xirasol e fritimos a metade. Reservamos. Despois botamos outra cullerada e fritimos a outra metade. Reservamos mentres preparamos o prebe. Aquí o importante é que o polo quede dourardiño, pois xa se rematará de cociñar co prebe. polo Tikka Masala
  • Na mesma tixola, engadimos as dúas culleradas de manteiga e deixamos que se derreta. polo Tikka Masala
  • Cortamos a cebola en anacos pequenos e engadímola. Deixamos que se cociñe uns minutos a lume medio-baixo.
  • A continuación, engadimos todas as especias agás os pementos (doce e picante). Remexemos ben e fritimos un minutiño. polo Tikka Masala
  • Botamos a passata ou puré de tomate xunto cos pementos e mesturamos. Deixamos que faga chup chup a lume baixo durante uns 10-15 minutos ou ata que vexades que o prebe colleu unha cor marrón escura.polo Tikka Masalapolo Tikka Masala
  • Botamos entón o azucre moreno e a nata, mesturando todo ara que teña unha cor uniforme. polo Tikka Masala
  • Engadimos o polo e deixamos que se cociñe durante uns 10 minutiños máis. polo Tikka Masala

O polo tikka masala xa o teriamos preparado. Agora só queda acompañalo co arroz basmati e o pan de pita. E botarlle un chisco de coandro fresco picado por riba. Como vedes, é unha receita que dá pouco que fregar porque se fai todo nunha mesma tixola. Os acompañamentos poden variar. Nós fixémolo só con arroz basmati. O que máis me sorprendeu é o tenro que queda o polo grazas ao mariñado de iogur. O prebe queda suave e aínda que non sexades moito de especias, non é un sabor súper forte. Eu recoméndovos probalo 100% pois é unha receita sinxela, rápida e cun excelente resultado.

Polo Tikka Masala
Polo Tikka Masala

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.