Etiqueta: bolachas

bolachas de chocolate e xenxibre

Bonecos de chocolate e xenxibre

Se hai unhas bolachas típicas de Nadal son as bolachas de xenxibre! E é que ese arrecendo a especias que queda por toda a casa semella que dá unha calor especial para estes días de frío. Hainas de moitos tipos, formas e tamaños. E aquí no blogue tamén xa hai […]

Bolachas de estrelas

Cando comeza esta época de frío, semella que dá gusto prender o forno e poñerse a enfornar lambetadas. Eu gosto moito de facer bolachas. Son pequenas, bonitiñas e pódense levar nun peto 🙂 E ademais, unhas bolachas caseiras feitas con todo o noso agarimo, sempre son unha boa opción de […]

Momias de banana

Momias de banana

Adoro as épocas do ano nas que hai receitas tan divertidas como as do Nadal, Samaín, o Entroido… Certo é que non precisamos moita desculpa para poñernos a facer lambetadas, mais semella que se é por algunha festa, as fai unha con máis gusto (aínda). O caso é que chega […]

bolachas de chocolate e noces pecanas

Bolachas de chocolate e noces pecanas

Hai uns cantos anos xa, cando fun por primeira (e única) vez a NY, xa eran ben coñecidas as bolachas da Levain Bakery. E é que son unhas bolachas grandes, cheas de sabor e coa textura perfecta. Crocantes por fóra e brandiñas por dentro. Recordo que me pareceron ben contundentes […]

bolachas de corazón de marmelada

Bolachas de corazón de marmelada

Sabiades que aquí, na Galiza, podería considerarse o día nos namorados o día 2 de febreiro? O día dous de febreiro festéxase o día da Candeloria, ou día das Candeas. Este día é ben coñecido porque adoita ser un bo pronosticador de canto inverno nos queda aínda por vir. Mais […]

bolachas Linzer

Bolachas Linzer

Non vos imaxinades que arrecendo máis marabilloso deixan estas bolachas por toda a casa. De seguro que cando as fagades, calquera que ande por alí, irá para a cociña a toda velocidade a ver que andades a facer. E todo isto porque as bolachas Linzer deixan un aroma especial a […]