Patacas recheas de chourizo e San Simón Ter un queixo San Simón pola casa é un perigo! Está boísimo, e ademáis queda ben con case calquera prato! E se o xuntamos con chourizos e patacas…mmm…saborosísimo! Esta é unha receita sinxela, leva un chisco de tempo preparala, pero paga a pena! […]
Primeiros pratos
Espagueti de arroz con verduriñas / Rice noodles with vegetables
Espagueti de arroz con verduriñas Unha receita saudable, rápida e sinxela. E, como non, saborosísima! Apta para vexetarianxs, veganxs, para larpeirxs das verduriñas en xeral e para aquelas persoas ás que lles guste preparar pratos saudables! Imos aló!
Pizza cremosa de touciño e pan de sapo / Creamy bacon and mushrooms pizza
Pizza cremosa de touciño e pan de sapo* *En galego, os cogomelos coñécense, popularmente, como pan de sapo. O que non sabía eu é que tamén se lle chamaban pan de raposo ou pan de cobra. Coñecedes vós algún nome máis? Despois do éxito da primeira receita de pizza, aqui […]
Galets recheos / Stuffed galets
Galets recheos Despois de probar os galets nunha sopa por Nadal, e comprobar o boísimos que están, pensei que estaría ben, aproveitando a súa forma de caracois xigantes, rechealos de carne e facer unha especie de canelóns que se poden comer dunha trabada! E así, esquecémonos de ter que andar […]
Salteado de garavanzos e espinacas / Sautéed chickpeas and spinach
Salteado de garavanzos e espinacas Para aqueles aos que lles gusten os garavanzos pero lles dea preguiza poñerse a facer un guiso, aquí vai esta receita! A combinación pode sonarvos un tanto estrana, pero o resultado é excelente, así que non dubidedes en facelo. Imos aló!
Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza
Pizza caseira de queixo e rixóns