Salteado de garavanzos e espinacas Para aqueles aos que lles gusten os garavanzos pero lles dea preguiza poñerse a facer un guiso, aquí vai esta receita! A combinación pode sonarvos un tanto estrana, pero o resultado é excelente, así que non dubidedes en facelo. Imos aló!
Primeiros pratos
Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza
Pizza caseira de queixo e rixóns
Lasaña de lagostinos / Prawns lasagna
Lasaña de lagostinos Unha receita de lasaña para aproveitar eses lagostinos que nos sobran das enchentas de Nadal! 😉 Podedes engadirlle algún que outro marisco que teñades, ou facer outra versión con carne ou con peixe. E de paso, aproveitaremos tamén eses “culíns” de cava ou de sidra! Imos aló!
Espagueti con gambas ao curry / Curry shrimp spaghetti
Espagueti con gambas ao curry Unha receitiña moi sinxela e rápida, como a min me gustan! Aproveitando que tiña curry pola casa, pensei en usalo para darlle un toque diferente a uns espaguetis con gambas. E que bo está!
Falafel ao curry caseiro / Home-made Curry Falafel
Falafel ao curry Despois dun primeiro intento un tanto fallido, comecei unha busca intensiva de receitas de falafel para poder discurrir unha que fose sinxela, saborosa e efectiva. E durante esa investigación, decateime do fallo inicial da miña receita, que era, nada máis e nada menos, que cocer os garavanzos. […]
Plumas con prebe de queixo azul e noces / Penne pasta with blue cheese sauce and walnuts
Plumas con prebe de queixo azul e noces Botando un ollo hai uns días pola tenda de comida de Ikea, déronnos na vista uns queixos (como non) que tiñan moi boa pinta, así que, como supoñedes, acabaron na casa! Un deles é un queixo azul ecolóxico con moi boa pinta, […]