Etiqueta: vexetariano

Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses

Rosas de mazá de Sant Jordi Estas rosiñas poden ser o agasallo perfecto para calquera ocasión, xa sexa Sant Jordi, o día da nai ou o día da lambona 😉 Son moi feitiñas, fanse nun plis, quedan de medo e están boísimas! E ademais, só precisamos ingredientes tan sinxelos como […]

Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms

Champiñóns recheos Hai receitas que quedan ben, saben ben, son sinxelas, rápidas e, por se fora pouco, saudábeis. E estes champiñóns recheos son unha delas. Ademais, son o petisco perfecto para cando temos convidados, cómense dunha trabada e, ao facerse ao forno, sempre están quentiños e no seu punto. Os […]

Roliños de shiitake / Shiitake wraps

Roliños de shiitake Estes roliños de shiitakes e verduras con prebe de soia son un prato ben xeitoso e socorrido para eses días nos que queremos comer algo saudábel sen ter que pasar moito tempo na cociña e con ingredientes ben sinxelos de atopar. Os shiitakes son uns cogomelos cun […]

Berenxenas á parmesana / Aubergines parmigiana

Berenxenas á parmesana A miña devoción polas berenxenas xa é algo ben sabido por todas aquelas persoas que len o blogue, polo que estaba claro que esta receita non había tardar en aparececer por aquí! As berenxenas á parmesana son unha receita ben sinxela, rápida e saudábel, sendo os seus […]

Pementos recheos / Stuffed peppers

Pementos morróns recheos de couscous e verduriñas Despois de tanta lambonada, boa falta fai unha receita máis saudábel e lixeira, non si? Os pementos morróns están moi bos e o couscous con curry e verduriñas é unha desas receitas das que nunca cansas e farías unha e outra vez. E […]

Tortiñas de cabaza / Pumpkin pancakes

Tortiñas de cabaza Coa cabaza pódense facer moitas sobremesas, de feito, neste blogue xa temos unhas cantas: chuliñas de cabaza, flan de cabaza, ou torta de cabaza e oreo. Estas tortiñas son ben sinxelas, e a cabaza non só lles dará un sabor incrible, senón tamén fará que estas tortiñas […]