Etiqueta: verán

Empanadiñas de atún / Tuna pies

Empanadiñas de atún Xa é a segunda vez que preparo esta receita para o blogue, mais desta vez cambiei algo os ingredientes para darlle un toque máis orixinal, e para axudar a que a cativada coma verduras sen decatarse. Estas empanadiñas de atún son lixeiras, van feitas ao forno, polo […]

Rolos de verán / Summer rolls

Rolos de verán Chega o verán, o bo tempo, a calor, as vacacións e unha certa nugalla a poñerse coas mans na masa, especialmente á hora da cea. Ou iso polo menos é o que adoita pasarme a min. Estes rolos de verán son unha solución perfecta para comer saudábel […]

Biscoito de pexegos / Peach cake

Biscoito de pexegos Unha das cousas que máis me gusta do verán é ir á horta de meus pais e ver como as árbores están cheas de froitos: mazás, pexegos, ameixos, claudias, peras… É unha marabilla! Coller os froitos directamente da árbore e comelos é un deses tan esquecidos pequenos […]

Torta de queixo con arandos / Blueberry cheesecake

Torta de queixo con arandos Hai uns días recibín un agasallo do Pazo de Vilane, no que me convidaban a probar as súas marmeladas caseiras. E que boas están!!! Tanto ten cantas marmeladas probastes ata o de agora, o seu sabor é tan natural e tan saboroso, que pasarán a […]

Macarróns gratinados / Macaroni au gratin

Macarróns gratinados Hai días nos que apetecen macarróns, ou polo menos iso me pasa a min. Recoñezo que son bastante de antollos con isto da comida e hai pouco andaba eu pola rúa e veu un aroma a macarróns gratinados que… bufff, non me puiden resistir a preparalos na casa! […]