Etiqueta: roliños

roliños de tortilla

Roliños de tortilla

Non sei se a vós tamén vos pasa, mais ás veces custa bastante pensar que facer de xantar ou cear. E ter unha boa listaxe de receitas á man, que ademais, sexan rápidas e sinxelas, vén moi ben. Estes roliños de tortilla son unha moi boa opción para algo rápido. […]

Rolos de verán / Summer rolls

Rolos de verán Chega o verán, o bo tempo, a calor, as vacacións e unha certa nugalla a poñerse coas mans na masa, especialmente á hora da cea. Ou iso polo menos é o que adoita pasarme a min. Estes rolos de verán son unha solución perfecta para comer saudábel […]

Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten […]

Roliños contrasol / Rainbow pinwheels

Roliños contrasol Non sabía moi ben como chamarlle a estes roliños, mais vendo as cores e o seu nome en inglés, o mellor que lle quedaba era contrasol, que non deixa de ser o arco da vella. Vendo como locen, non pode haber un nome que lle acaia mellor, non […]

Roliños de inverno / Winter rolls

Roliños de inverno Despois dos tan coñecidos roliños de primavera, aquí vai unha versión máis de inverno cun recheo diferente, mais moi rico, saudábel, nutritivo e con produtos de tempada. Da outra vez, fixemos os roliños coa pasta de arroz e fritidos, nesta alternativa máis saudábel, farémolos ao forno e […]

Roliños de shiitake / Shiitake wraps

Roliños de shiitake Estes roliños de shiitakes e verduras con prebe de soia son un prato ben xeitoso e socorrido para eses días nos que queremos comer algo saudábel sen ter que pasar moito tempo na cociña e con ingredientes ben sinxelos de atopar. Os shiitakes son uns cogomelos cun […]