Encántame esta receita de bublanina por moitas razóns. É unha lambetada moi sinxela de facer, basicamente mesturar e enfornar. Leva froita, que iso sempre me gusta. Faise na bandexa do forno, así que non hai que andar mercando moldes. E dá para moitos anacos, o que me gusta moito porque […]
Etiqueta: primavera
Centola á donostiarra
Teño a sorte de poder visitar a Praza de Abastos de Compostela case todos os días cando estou aquí, pois miña nai sempre merca alí. Mirar ao meu redor e ver todos os produtos de tempada para min é un auténtico pracer. E fiquei moi sorprendida cando despois de Nadal, […]
Caldeirada de raia
Xa hai un tempo que andaba con ganas de facer esta receita tradicional de caldeirada de raia. A dicir verdade, xa probara a raia en empanada, mais nunca así, e menos aínda facela na casa. Agora é tempada de raia e vese moito pola Praza de Abastos de Compostela, así […]
Biscoito de cereixas e albaricoques / Apricot and cherry cake
Biscoito de cereixas e albaricoques Agora estamos en tempada de froitas de carabuña e aquelas persoas que xa me coñezan un chisco e sigan algo o blogue, saben que devezo polas lambetadas con froitas de tempada, polo que xa tocaba un biscoito con estas dúas froitas. E como coas cereixas […]
Torta inversa de peras / Pear upside down cake
Torta inversa de peras Levo dende hai uns días coa teima de facer unha receita con peras e é curioso como de súpeto, xusto cando vos ensino a foto polo Instagram, vexo nunha chea de perfís de cociña que hai máis xente facendo lambetadas coas peras. Como xa sabedes, a […]
Empanadiñas de atún / Tuna pies
Empanadiñas de atún Xa é a segunda vez que preparo esta receita para o blogue, mais desta vez cambiei algo os ingredientes para darlle un toque máis orixinal, e para axudar a que a cativada coma verduras sen decatarse. Estas empanadiñas de atún son lixeiras, van feitas ao forno, polo […]