É incríbel a cantidade de lambetadas típicas de Entroido que temos na Galiza. E as que nos quedan por aprender! Porque eu cada ano vou aprendendo algunha nova. E sempre penso, por que non sabería eu esta receita antes? E pénsoo porque non me gustaría que se perdera ningunha delas. […]
Etiqueta: inverno
Verdinas con lagostinos
Ata hai ben pouco non coñecía estas fabas asturianas chamadas verdinas. E o que tampouco sabía é que tamén son chamadas fabas do marisco, por iso de que, polo seu sabor e a súa textura, casan ben co marisco. Por se non as coñecedes, dicirvos que son unhas fabas máis […]
Centola á donostiarra
Teño a sorte de poder visitar a Praza de Abastos de Compostela case todos os días cando estou aquí, pois miña nai sempre merca alí. Mirar ao meu redor e ver todos os produtos de tempada para min é un auténtico pracer. E fiquei moi sorprendida cando despois de Nadal, […]
Empanada de millo corvo de volandeiras
Desde que descubrín a fariña de millo corvo andaba coa teima de mercala e facer algunha receita con ela. Para quen non o saiba, o millo corvo é un millo de cor negra (de aí o nome) que dá nunha fariña de cor viño tinto. En Meiro (Bueu) traballan por […]
Caldeirada de raia
Xa hai un tempo que andaba con ganas de facer esta receita tradicional de caldeirada de raia. A dicir verdade, xa probara a raia en empanada, mais nunca así, e menos aínda facela na casa. Agora é tempada de raia e vese moito pola Praza de Abastos de Compostela, así […]
Nevadiños
Nevadiños E mesmo semella que foi onte cando estabamos facendo lambonadas de Nadal no blogue, e xa estamos de volta con novas receitas para seguir enchendo os nosos bandullos de felicidade lambereteira. Desta vez, imos cunha receita que pode que non sexa das máis populares na Galiza, mais polos ingredientes […]