Nunca probara eu a facer estas bolachas. E mira que houbo unha época que estaban por todos os lados. E teño que dicir que que mágoa non telas probado antes. Están boísimas e non vos teñen nada de complicación. As whoopie pies veñen sendo dúas bolachiñas medio abiscoitadas cun recheo […]
Etiqueta: crema de queixo
Corazóns de amorodo
2 de febreiro. E que pasa este día? Pois que para moitas persoas, este é o día dos namorados. E por que? Porque o Día da Candeloria é o día no que casan os paxariños. A partir da candeloria, ningunha ave voa soa, di o refrán. Así que para festexar […]
Rolos de canela – Cinnamon rolls
Penso xa que o meu cos rolos de canela ou cinnamon rolls xa era obsesión. E mira que eu ata hai ben pouco sempre dicía que non gostaba da canela. Non o vou poder dicir nunca máis. Sobre todo despois de probar estes rolos. E digo que era obsesión porque […]
Pan de cabaza
Este pan de cabaza está espectacular. E si, teño que dicilo eu porque fun a que o probei. O biscoito está húmido, cremoso, desfaise na boca e ten un sabor a outono. E todo grazas á cabaza e ás especias que a acompañan. A canela, o xenxibre e o cravo […]
Biscoito da avoa
Xa hai tempo que lle veño dando voltas á idea de cambiarlle de nome ao blogue, porque recoñezo que son moito máis seareira dos biscoitos que non das bolachas. Non me digades que comer un anaco de biscoito caseiro para almorzar non é un deses pequenos grandes praceres da vida? […]
Brownies con crema de queixo / Cheese cream brownies
Brownies con crema de queixo Se hai unha receita da que estou especialmente orgullosa é esta. O certo é que como son de bo dente, hai poucos pratos que non me gusten. E todas, sí, todas, as 170 e pico receitas que hai neste blogue, todas pasaron polo meu dente! […]