É curioso como dúas receitas de gofres poden ser tan distintas e tan sabedeiras. Neste blogue xa fixemos os gofres de Liexa, que son os que adoitamos probar cando pedimos gofres nalgún sitio de lambetadas. Son máis doces, co característico azucre perlado que lle dá esa dozura. A masa é […]
Etiqueta: chocolate
Bolachas de chocolate e noces pecanas
Hai uns cantos anos xa, cando fun por primeira (e única) vez a NY, xa eran ben coñecidas as bolachas da Levain Bakery. E é que son unhas bolachas grandes, cheas de sabor e coa textura perfecta. Crocantes por fóra e brandiñas por dentro. Recordo que me pareceron ben contundentes […]
Bombóns da Candeloria
E chegou o día! O día da Candeloria e os paxariños xa están a emparellarse e a buscar o sitio perfecto para facer o seu niño. E eu, sigo coas lambetadas para a ocasión. Desta vez, uns bombóns recheos que están de vicio. Eu aproveitei uns moldes de corazón que […]
Corazóns de chocolate
Non sei se algunha vez probastes as palmeiras de chocolate que venden na Tafona do Preguntoiro, en Compostela. Se xa o fixestes, xa saberedes que están boísimas. E se non, eu recoméndovolas 100%. Todo isto para dicirvos que o sabor destes corazóns de chocolate recordoume moitísimo ao desas palmeiras. Moito […]
Chocolate quente
Para acompañar uns churros caseiros, non hai nada mellor que un chocolate quente. E se ademais o día está frío, entra de marabilla para quentar o corpo. Facelo na casa é moi doado. E o único requisito vén sendo mercar un chocolate sabedeiro e de calidade. E se é especial […]
Petiscos doces de Nadal
Neste artigo imos cociñar unhas lambetadas perfectas para facer coas crianzas durante as vacacións de Nadal. Son todo petiscos doces moi sinxelos de facer onde ata as crianzas máis pequenas poden cociñar en familia. Os ingredientes son moi sinxeliños. E basicamente é todo chocolate con diferentes combinacións para que fiquen […]