Esta torta de castañas e chocolate ten unha textura tipo brownie. Moi húmida e chocolateira. Con todo o sabor do chocolate e das castañas. E o mellor de todo é que podémola facer, ou ben con castañas asadas ou ben con elas cocidas. Eu fíxena para aproveitar unhas castañas asadas […]
Etiqueta: castañas
8 receitas de castañas
O outono dános tantos froitos que eu non paro de ter antollo de cociñar con todos eles. Ademais, son produtos tan sabedeiros e que se adaptan tan ben a calquera receita, tanto doce como salgada, que a verdade é que pasaría o día na cociña preparando pratos cos froitos do […]
Filloas de castañas
Hoxe vai de confesións. Gústame moito cociñar con fariña de castañas. Coido que é un produto que debemos coidar e darlle moito uso, pois o certo é que neste país temos moi boa materia prima de castañas. Despois de probar a facer a bica con esta fariña, e estando xa […]
Torta de castañas do Bierzo
Hoxe tráiovos unha receita das que fixen para o libro d’A Cociña do Camiño de Santiago. Unha receita moi de outono cun dos produtos estrela desta estación: a castaña. A torta de castañas do Bierzo non ten unha elaboración nada complexa, e os seus ingredientes son dos que adoitamos ter […]
Bica de castañas / Chestnuts Bica
Se vos digo a verdade, levo coa fariña de castañas mercada na casa desde o verán. E si, merqueina xa para facer esta receita de bica de castañas, mais tiña que agardar a que fora época de entroido para poñerme en situación e poder ensinarvos a receita.
Zonchos
Ata hai ben pouco descoñecía esta tradición do Día de Tódolos Santos ou do Día de Defuntos de facer colares ou rosarios de zonchos (as castañas cocidas coa pela) mais ao final preguntando, resultou ser algo moi habitual en moitos fogares e familias. De feito, miña nai tamén as facía […]