Etiqueta: boliñas

13 receitas de croquetas

Hoxe é o Día Mundial das Croquetas e para festexalo, aquí vai un artigo coas mellores (e únicas) receitas que temos no blogue. Hainas para todos os gustos, de verduras, carne, queixo… E con diferentes rebozados. Polo que se es seareira ou seareiro das croquetas, este é o teu artigo! […]

Croquetas de xamón / Ham croquettes

Croquetas de xamón As croquetas son un prato que sempre triunfa e que a todos nos gusta!!! Tamén hai que recoñecer que non acaba de ser un dos pratos máis saudábeis, mais de cando en cando, pódese facer unha excepción 🙂 Como é un proceso que acostuma a levar algo […]

Croquetas de cogomelos / Mushrooms croquettes

Croquetas de cogomelos Encántanme as croquetas!!! Ben, xa dixen tantos pratos que me gustan, que case remataba antes dicindo o que non me gusta 😉 O caso é que unha das miñas favoritas son as de cogomelos, o seu sabor é moi intenso e a súa cor inconfundible. Ademais, podedes […]

Croquetas de luras / Squid croquettes

Croquetas de luras na súa tinta Xa hai tempo que probei estas croquetas nun restaurante e tiña gana de probar a facelas na casa. Non me quedaron tan escuras porque só empreguei a tinta das luras, se queredes que queden máis negras, só tedes que mercar algunha bolsa de tinta […]

Boliñas de trompetas amarelas / Cantharellus croquettes

Boliñas de trompetas amarelas Os que me seguides por facebook ou twitter, xa vistes a fermosa cesta de Trompetas amarelas (ou gulas de monte). A mellor maneira de conservar estes cogomelos é deshidratándoos, e así podemos usalos nas nosas receitas todo o ano. Desta vez, probei a facelos en croquetas, […]