Acender o forno estes días é case, case un acto heroico. Vai tanto calor, que só de pensar na mínima posibilidade de que a temperatura da casa aumente, xa dá arrepíos. Mais a horta é a miña debilidade e agora semella que o calor nos está a dar un descansiño. […]
Etiqueta: biscuits
Bolachas de leite mazado
Bolachas de leite mazado (buttermilk biscuits) Voltei facer manteiga caseira por 3 razóns, unha, porque devezo polo seu sabor, dúas, porque quería probar a facer unha receita co soro que queda, e que tirei da outra vez e tres, porque así aproveitaba para celebrar con outra receita de bolachas o […]
Galletas de cabaciña e limón
Galletas de cabaciña e limón Como aínda me parecía que tiña poucas receitas de cabaciña, aquí vai outra! E como é verdade que había máis receitas salgadas que doces, tocaba outra lambetada, mais desta vez algo diferente, pois ata o de agora sempre foran biscoitos, non si? As galletas sempre […]
Galletas digestive / Digestive biscuits
Galletas digestive Na súa orixe, estas galletas escocesas, deron en chamarse digestive, dixestivas, porque había a crenza de que eran boas para facer a dixestión, tendo algo así como un poder anti acidez. Aínda que en realidade non fora así, o nome segue a empregarse e hai quen pensa que […]
Bolachas de lavanda / Lavender Shortbread
Bolachas de lavanda Se xa hai tempo que seguides este blogue, xa vos comentei máis dunha vez que unha das miñas paixóns que máis está ligada á gastronomía é mercar libros de cociña. Cando viaxo, sempre procuro ir na busca dunha libraría para poder botar un ollo aos libros ata […]
Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies
Galletas de chocolate engurradas Hai lambetadas que están moi boas, aínda que non teñan moi boa pinta, e despois están estas galletas de chocolate engurradas, que son ben feitiñas e ademais están boísimas! O meu coas galletas é puro vicio, parécenme unha das mellores larpeiradas do mundo! Podemos levalas no […]