Receitas quick

arancini

Arancini

Estas pequenas bolas de arroz con queixo son típicas da cociña siciliana. Eu fixen a versión máis rápida, a que en Italia se coñece como arancini de risotto avanzato, que non quere dicir outra cousa que arancini feitos coas sobras do risotto. Raro é que sobre risotto, ou polo menos […]

sándwich cubano

Sándwich cubano

Para comer un sándwich non se precisa moita escusa, todo hai que dicilo. É unha desas preparacións que se pode comer en calquera momento, no almorzo, no xantar, na merenda ou para cear. E sempre senta ben. Ademais, a combinación de ingredientes é infinita, e todas e cada unha de […]

champiñóns recheados

Cogomelos recheados de mascarpone e espinafres

Hai receitas que xorden así, do pensamento, ou do feito de estar todo o santo día a mirar receitas, que ao final, algo queda! Non sei vós, mais eu non fago mais que mirar receitas, así despois ando con fame todo o día, mais iso xa é outro tema 🙂 […]

batatas a murro

Batatas a murro

Non sei se xa vos contei que hai anos e anos que non viaxo ao Porto. Fiquei tan namorada de Lisboa, que sempre acabo voltando. Ou remato por baixar ata máis ao sur e descubrir outros lugares onde nunca estiven antes. O caso é que coa desculpa de que xa […]

tortilla con rixóns

Tortilla con rixóns

Unha das cousas que me gusta da gastronomía e das receitas en xeral, é o partillalas. Saber que alguén me deixou ese anaquiño de coñecemento e tradición, faime especialmente feliz. Por iso cando alguén me dá algunha receita, ou me aprende a facela, sinto que, dalgunha maneira, me compartiu un […]

biscoito da avoa

Biscoito da avoa

Xa hai tempo que lle veño dando voltas á idea de cambiarlle de nome ao blogue, porque recoñezo que son moito máis seareira dos biscoitos que non das bolachas. Non me digades que comer un anaco de biscoito caseiro para almorzar non é un deses pequenos grandes praceres da vida? […]