Enrolados de polo E aquí ven outra receitiña desas que tanto me gustan: rápidas, sinxelas e deliciosas! A idea orixinal era facelas con pementos verdes, vermellos e amarelos, pero como só atopei vermellos, así foi! Imos ver como preparar este prato delicioso.
Primeiros pratos
Boliñas de botelo e San Simón / Botelo and San Simon croquettes
Boliñas de botelo e San Simón Desta vez, unha receita de Entroido salgada, que de larpeiradas xa imos ben servidos coas filloas e a Bica! 🙂 Para todos aos que vos guste o botelo ou que devecedes polas croquetas de cocido, de seguro que estas vos encantan! Teñen un sabor […]
Patacas recheas de chourizo e San Simón / Chorizo and San Simon baked potatoes
Patacas recheas de chourizo e San Simón Ter un queixo San Simón pola casa é un perigo! Está boísimo, e ademáis queda ben con case calquera prato! E se o xuntamos con chourizos e patacas…mmm…saborosísimo! Esta é unha receita sinxela, leva un chisco de tempo preparala, pero paga a pena! […]
Espagueti de arroz con verduriñas / Rice noodles with vegetables
Espagueti de arroz con verduriñas Unha receita saudable, rápida e sinxela. E, como non, saborosísima! Apta para vexetarianxs, veganxs, para larpeirxs das verduriñas en xeral e para aquelas persoas ás que lles guste preparar pratos saudables! Imos aló!
Pizza cremosa de touciño e pan de sapo / Creamy bacon and mushrooms pizza
Pizza cremosa de touciño e pan de sapo* *En galego, os cogomelos coñécense, popularmente, como pan de sapo. O que non sabía eu é que tamén se lle chamaban pan de raposo ou pan de cobra. Coñecedes vós algún nome máis? Despois do éxito da primeira receita de pizza, aqui […]
Galets recheos / Stuffed galets
Galets recheos Despois de probar os galets nunha sopa por Nadal, e comprobar o boísimos que están, pensei que estaría ben, aproveitando a súa forma de caracois xigantes, rechealos de carne e facer unha especie de canelóns que se poden comer dunha trabada! E así, esquecémonos de ter que andar […]