É incríbel a cantidade de lambetadas típicas de Entroido que temos na Galiza. E as que nos quedan por aprender! Porque eu cada ano vou aprendendo algunha nova. E sempre penso, por que non sabería eu esta receita antes? E pénsoo porque non me gustaría que se perdera ningunha delas. […]
Entroido
Filloas de castañas
Hoxe vai de confesións. Gústame moito cociñar con fariña de castañas. Coido que é un produto que debemos coidar e darlle moito uso, pois o certo é que neste país temos moi boa materia prima de castañas. Despois de probar a facer a bica con esta fariña, e estando xa […]
Torta de crepes da Candeloria
O dous de febreiro, como ben é sabido, celébrase o día da Candeloria (Chandeleur en francés) e por terras francesas é típico facer e comer crepes. Eu descubrín esta tradición grazas á profesora de francés do instituto onde traballo. Sempre que chega o día da Chandeleur, leva unha crepeira para […]
Bica de castañas / Chestnuts Bica
Se vos digo a verdade, levo coa fariña de castañas mercada na casa desde o verán. E si, merqueina xa para facer esta receita de bica de castañas, mais tiña que agardar a que fora época de entroido para poñerme en situación e poder ensinarvos a receita.
Bica de Entroido / Carnival bica
Bica de Entroido E aquí estamos de novo cunha receita desas que arrecende a Entroido! Despois das dúas versións anteriores, a bica branca de Laza e a bica de Trives, estaba máis que claro que a seguinte tiña que ser esta outra versión de bica, que ten algo das dúas […]
As 10 receitas máis vistas de 2018 / The top 10 recipes of 2018
As receitas máis vistas de 2018 E como xa está rematando o ano, toca facer balance de como foi este 2018 e cales foron as vosas receitas favoritas do blogue durante este ano que xa está a piques de rematar. Velaí vai o top 10 de receitas máis vistas deste […]