Cociña tradicional

filloas de castañas

Filloas de castañas

Hoxe vai de confesións. Gústame moito cociñar con fariña de castañas. Coido que é un produto que debemos coidar e darlle moito uso, pois o certo é que neste país temos moi boa materia prima de castañas. Despois de probar a facer a bica con esta fariña, e estando xa […]

verdinas con lagostinos

Verdinas con lagostinos

Ata hai ben pouco non coñecía estas fabas asturianas chamadas verdinas. E o que tampouco sabía é que tamén son chamadas fabas do marisco, por iso de que, polo seu sabor e a súa textura, casan ben co marisco. Por se non as coñecedes, dicirvos que son unhas fabas máis […]

centola á donostiarra

Centola á donostiarra

Teño a sorte de poder visitar a Praza de Abastos de Compostela case todos os días cando estou aquí, pois miña nai sempre merca alí. Mirar ao meu redor e ver todos os produtos de tempada para min é un auténtico pracer. E fiquei moi sorprendida cando despois de Nadal, […]

empanada de millo corvo

Empanada de millo corvo de volandeiras

Desde que descubrín a fariña de millo corvo andaba coa teima de mercala e facer algunha receita con ela. Para quen non o saiba, o millo corvo é un millo de cor negra (de aí o nome) que dá nunha fariña de cor viño tinto. En Meiro (Bueu) traballan por […]

quiche de estrugas

Quiche de estrugas

Con isto das estrugas hai moitos prexuízos. Evidentemente todos veñen porque se te achegas a elas, de seguro as recordas, e non por cousa boa. E é que raro é quen nunca se picou con elas indo polo campo. De feito, o seu nome vén precisamente diso, da urticaria que […]

caldeirada de raia

Caldeirada de raia

Xa hai un tempo que andaba con ganas de facer esta receita tradicional de caldeirada de raia. A dicir verdade, xa probara a raia en empanada, mais nunca así, e menos aínda facela na casa. Agora é tempada de raia e vese moito pola Praza de Abastos de Compostela, así […]