Pan de cabaza con noces e chocolate

Pan de cabaza con noces e chocolate

Pan de cabaza con noces e chocolate
Pan de cabaza con noces e chocolate

Xa comeza a ulir a outono, mañás frías, follas caendo e hortas con cabazas! E eu a verdade é que non son moi seareira das cabazas asadas, mais en lambetadas gústanme ben. Así que cando atopei unha que xa se separara da planta, vin a oportunidade de facerlle unha homenaxe con este pan de cabaza. Non é un pan como tal, é un biscoito suave, esponxoso e cun sabor espectacular. Leva especias, cabaza, chocolate e noces. Leva todo o que precisa para ser o biscoito estrela deste outono. E ademais, a preparación non pode ser máis rápida e sinxela. Mesturar ingredientes secos, mesturar húmidos, xuntar e enfornar. E o arrecendo que deixa pola casa…mmmmmm, iso si que é ulir a outono!

Pan de cabaza con noces e chocolate

Para facer o puré de cabaza, eu saqueille as sementes e pelei unha cabaza tipo pera. Despois cocina e deixena nun coador para que non tivese un exceso de auga. Este tipo de cabaza ten a carne máis dura e máis doce, polo que é ideal para sobremesas, pois non engade auga de máis ás preparacións e dálle un sabor máis doce. As especias tamén lle quedan de marabilla e son as que fan que este pan de cabza quede tan rico.

Ingredientes

  • 220 gramos de fariña triga

  • 1 culleradiña de bicarbonato

  • 2 culleradiñas de canela en po

  • 1/4 de culleradiña de noz moscada

  • ¼ culleradiña de cravo moído

  • ¼ culleradiña de xenxibre en po

  • 1 belisco de sal

  • 2 ovos

  • 100 gramos de azucre branco

  • 150 gramos de azucre moreno

  • 330 gramos de puré de cabaza ben escorrido

  • 120 ml de aceite de xirasol

  • 60 ml de zume de mandarina

  • 1 mandarina relada

  • 120 gramos de chocolate negro picado

  • 80 gramos de noces picadas

  • Molde rectangular de 24×11

Preparación

  • Comezamos mesturando os azucres coa reladura de mandarina, fregando cos dedos para que deixe máis sabor.Pan de cabaza con noces e chocolate
  • Por outro lado, mesturamos todos os ingredientes secos, peneirándoos para que quede o biscoito máis esponxoso. Pan de cabaza con noces e chocolate
  • E batemos tamén os húmidos: o puré de cabaza, os ovos, o aceite, e o zume de mandarina. Pan de cabaza con noces e chocolatePan de cabaza con noces e chocolate
  • Xuntamos todas as mesturas e batemos ata que a fariña estea integrada. É importante non bater de máis.
  • Engadimos o chocolate e mais as noces picadas, deixando unhas poucas para despois botar por riba do molde antes de enfornar.
  • Forramos un molde con papel de forno e manteiga ou aceite, vertemos a masa e botamos as noces e o chocolate que tiñamos reservado. Pan de cabaza con noces e chocolatePan de cabaza con noces e chocolate
  • Enfornamos co forno xa quente a 175º durante unha hora e 15 minutos. Xa sabedes que o tempo depende un pouco de cada forno, entón o mellor é comprobar co escarvadentes. Debe saír seco, mais pode saír con alguha farangulla pegada (ou manchado de chocolate!)Pan de cabaza con noces e chocolate

Aquí cómpre ter paciencia. Hai que deixar que o biscoito arrefríe totalmente antes de poder catalo porque é un biscoito que queda moi suave e se o cortamos quente, o probable é que nos rompa. Aguanta varios días sen problema fóra da neveira, se non hai un exceso de calor. Ao igual que o pan de banana, sabe moito mellor ao día seguinte.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.