bolachas de chocolate e framboesas

Bolachas de framboesas e chocolate

Xa o ano pasado fixen unhas bolachas coas framboesas e foron un auténtico exito. Són estas, de chocolate branco. Pero cando atacan de novo, a miña cabeza sinte a necesidade de discurrir e volver facer algo con elas. E xa que estamos de confesións, xa vos digo que non me gusta nada repetir lambetadas, polo que cando me pasa así, teño que pensar unha receita nova. Desta vez, non tiven que espremer moito os miolos. Agora versión chocolate negro e xa está. Pero a verdade é que non me imaxinaba eu que foran quedar taaan boas.

bolachas de chocolate e framboesas
Bolachas de chocolate e framboesas

Os ingredientes son moi sinxelos, coma sempre. E o paso a paso, basicamente, mesturar. Hai quen di que as framboesas frescas non son boas para estas receitas porque acaban todas esparruchadas. A min gústanme así e si, a masa queda máis húmida, pero as bolachas saen boísimas igual. E danlle un sabor acedo que a min persoalmente, flípame. E por se aínda non vos convencín, o sabor está entre a bolacha e o brownie. Unha toleada!

Bolachas de chocolate e framboesas

Ingredientes para 14 bolachas de 60 gramos

  • 135 gramos de framboesas frescas (ou conxeladas)

  • 250 gramos se fariña triga

  • 30 gramos de cacao

  • 1 culleradiña de fermento químico

  • 1/2 culleradiña de bicarbonato

  • 1/2 culleradiña de sal

  • 150 gramos de azucre moreno

  • 120 gramos de manteiga desfeita

  • 1 ovo grande

  • 1 culleradiña de esencia de vainilla

  • 150 gramos de chocolate picado (120 para as bolachas, 30 para decorar despois)

  • sal en escamas (opcional)

Preparación

  • Comezamos mesturando os ingredientes secos. Lembrade que o azucre non entra nesta listaxe 😉 Bolachas de chocolate e framboesas
  • E despois mesturamos os húmidos, aquí si co azucre. Bolachas de chocolate e framboesas
  • Despois só temos que ir xuntando a mestura dos secos coa dos húmidos.
  • Botamos o chocolate picado.Bolachas de chocolate e framboesas
  • E as framboesas. Como xa vos dixen, rompen, pero non pasa nada. A masa poñerase máis húmida, pero saen igual. Eu deixeinas 30 minutos na neveira para que asentara un pouco a mas. Se ides con apuro, podedes non facelo, que saen ben de todos os xeitos.Bolachas de chocolate e framboesas
  • Facemos bólas duns 60 gramos cada unha e enfornamos a 180ºC durante uns 14 minutos. Xa sabedes que o tempo pode variar moito de forno a forno.
  • Sacámolas do forno, poñemos uns anacos de chocolate enriba, facendo unha lixeira presión e engadimos un pouco de sal en escamas. Deixamos que arrefríen sen movelas durante uns 10 minutos.Bolachas de chocolate e framboesas
  • Despois poñémolas sobre a grella do forno para que, se súan coa calor, non se poñan húmidas. Deixámolas ata que xa estean totalmente frías.

Son unhas bolachas que aguantan perfectamente a temperatura ambiente, tapadas cun paniño. Ou ben nun bote hermético ou nunha lata. Ao levar anacos de chocolate, se queredes, antes de degustalas, podedes poñelas uns segundos no microondas… manxar dos deuses! E se aceptades unha recomendación, esmigalladas e mesturadas con iogur están espectaculares! E se non tedes framboesas… ben se poden ir buscar unhas amoras! 🙂 Se precisades que vos saian máis, podedes facelas máis pequena. Estas son xeitosas, pero ben se comen. O sal é opcional, mais moi, moi recomendábel.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.