Bolachas de Jack Skellington

Chega Samaín e toca facer lambetadas! Xa sei que non ten por que ser así, mais a min xa me vale. E a vós de seguro que tamén, sobre todo despois de ver o sinxelas que son estas bolachas de Jack Skellington. Porque se hai unha película mítica nestas datas, non me podedes negar que esa é Pesadelo antes do Nadal. Eu declárome seareira! E aínda que cociñar non sexa o voso, esa receita é tan doada que nin moito xeito hai que ter para que saian ben. Ademais, se tedes miúdos pola casa, poden botarvos unha man (e un dedo!) na elaboración.

Bolachas de Jack Skellington
Bolachas de Jack Skellington

Saen unhas 12 bolachas de 35 gramos cada unha. E o ingrediente máis raro é o leite condensado. De todas maneiras, se vos apetece facelas e non tedes leite condensado, fixemos unhas bolachas de corazóns que tamén se poderían facer así e levan manteiga. Así que kukis, non hai desculpa posible! Ah! E a marmelada pode ser do voso sabor favorito. Ou podedes facerlle un ollo de cada cor. De seguro que as crianzas vos axudan a facelas ben chulas!

Bolachas de Jack Skellington

Ingredientes para 12 bolachas

  • 75 gramos de manteiga

  • 200 gramos de leite condensado

  • 1 xema de ovo

  • 160 gramos de fariña triga

  • 1/2 culleradiña de fermento químico

  • 1 belisco de sal

  • marmelada de amorodo

  • chocolate negro

Preparación

  • Comezamos derretendo a manteiga no microondas ata que fique brandiña. Uns 10-20 segundos.
  • E mesturámola co leite condensado. Bolachas de Jack Skellington
  • Despois botamos a xema e batemos de novo.Bolachas de Jack Skellington
  • Engadimos tamén o fermento e a fariña e mesturamos cunha culler ou espátula.Bolachas de Jack Skellington
  • Deixamos que a masa repouse uns 20 minutos.Bolachas de Jack Skellington
  • A continuación, facemos bólas dun 35 gramos cada unha.
  • Aplanamos cada unha lixeiramente e facemos dúas marcas para os ollos coa xema dos dedos.
  • Cun pauciño, facemos os buratiños do nariz.Bolachas de Jack Skellington
  • Enchemos o que serán os ollos coa marmelada de amorodo e tamén os buratiños do nariz. Podemos botar a marmelada nunha manga pasteleira ou nunha bolsa de conxelar cun buratiño. Bolachas de Jack SkellingtonBolachas de Jack Skellington
  • Enfornamos a 180ºC durante uns 16 minutos ou ata que vexamos que comezan a ficar douradiñas. Bolachas de Jack Skellington
  • Sacámolas do forno e deixamos que repousen na bandexa uns 5 minutos.
  • Despois pasámolas á grella e deixamos que arrefríen por completo.Bolachas de Jack Skellington
  • Derretemos un pouco de chocolate e poñémolo nunha bolsa de conxelar cun pequeno burato nunha das puntas. Facemos primeiro o sorriso, e despois iremos facendo unhas mini raias para que nos quede o sorriso de Jack perfecto. Bolachas de Jack Skellington

Xa vedes que non teñen dificultade ningunha e son taaaaaaan riquiñas!!! Non vos podo dicir moito se aguantan moitos días ou non porque voaron! O que si vos podo dicir é que están moi ricas. A textura non é moi croante, senón abiscoitada e suave. O sal é opcional, mais ese punto salgado quédalle de medo.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.