Sobaos

Adoro os sobaos! E se hai algo que precisa un bo sobao é unha manteiga de calidade, que lle dea moito sabor. Se a podedes facer caseira, mellor. Aquí vos deixo a receita. Outra das cousas imprescindibles é sobar a masa. Si, kukis, sobar a masa. Por iso se chaman así. Nada de aparellos, os sobaos prepáranse coas mans, sobando ben a masa. E crédeme, a textura que queda é cremosísima.

Sobaos

E se vos vedes con ganas de facer os moldes, eu recoméndovolo moito. Eu fíxenos con papel de cera, mais tamén se poden facer con papel de forno. Se buscades, atoparedes vídeos onde vos aprenden como se fan. Non semellan sinxelos así a primeira vista, mais unha vez que lle colles o tranganillo, quedan xenial.

Sobaos

Ingredientes

  • 250 gramos de manteiga

  • 250 gramos de azucre

  • 3 ovos

  • 1 belisco de sal

  • 250 gramos de fariña triga

  • 2 culleradiñas de fermento en po

Preparación

  • Nun cunco, sobamos a manteiga xunto co azucre, os ovos batidos e o sal.Sobaos
  • Tamén mesturamos a fariña co fermento.
  • E engadímola á mestura anterior, sobanso ben a masa ata que fique moi cremosa.Sobaos
  • Poñemos o forno a quentar a 180ºC e enchemos os moldes de sobao pola metade, máis ou menos.Sobaos
  • Enfornamos durante uns 15 minutos, cando se vexa douradiños, mais ollo que non se resequen.Sobaos

E xa teriamos os nosos sobaos preparados. É importante que non se fagan de mais no forno, para que non sequen. Polo demais, xa veces que o proceso é ben sinxelo, só sobar os ingredientes e xa estaría. Hai quen lle bota ron e reladura de limón. Iso xa é cuestión de probar. Tan ricos como os sobaos orixinais non son, mais o certo é que quedaron tan bos que xa tivemos que repetir!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.