Comtessa caseira

Con estes días de calor, e despois das bolachas de framboesas e chocolate branco, tocaba unha receita ben fresquiña. E quen non comeu nunca de sobremesa torta xeada? Aquí na Galiza é un must. E o meu tío di que se non a hai de sobremesa, o restaurante non vale para moito. Esa mestura de nata e chocolate teno todo para ser un éxito. E preparar comtessa caseira é do máis sinxelo que hai! E só precisamos 4 ingredientes! Animádesvos?

Comtessa caseira
Comtessa caseira

E de tempo, tampouco precisamos moito. O que é máis elaborado é preparar o chocolate e xa veredes que pouco é. O demais é bater, mesturar e conxelar. Pouco traballo e un excelente resultado!

Ingredientes

  • 200 gramos de chocolate negro

  • 3 claras de ovo

  • 150 gramos de azucre

  • 450 gramos de nata

Preparación

  • Comezamos marcando a base do noso molde rectangular sobre un papel de forno para facer as pranchas de chocolate que irán polo medio da nosa torta. Eu marqueinas cun coitelo para non deixar marca de lápis.
  • Despois derretemos o chocolate no microondas pouco a pouco e cunha culler imos extendendo o chocolate por dentro das liñas marcadas. A min saíronme 8 rectángulos de chocolate, 4 en cada folla, para que caiban no conxelador.Comtessa caseira
  • Mentres o chocolate arrefría, imos preparando a crema de nata. Comezamos montando as claras. Cando comecen a escumar, engadimos a metade do azucre (75 gramos) e batemos ata que queden a punto de neve. Reservamos. Comtessa caseira
  • Agora montamos tamén a nata cos outros 75 gramos de azucre. Comtessa caseira
  • Con movementos suaves, xuntamos as claras e a nata.
  • Forramos o molde con plástico transparente.Comtessa caseira
  • Botamos unha capa xeitosa da mestura de nata. Comtessa caseira
  • E colocamos un dos rectángulos de chocolate que tiñamos no conxelador. Se fai moito calor, o mellor é que o saquedes do conxelador e o poñades directamente sobre a crema porque senón os demais de seguro que se vos derreterán.Comtessa caseira
  • Botamos outra capa de nata. Comtessa caseira
  • E seguimos así ata a última capa. Eu fixen a última de nata, mais iso xa a gustos. E o mellor é que a primeira e a última queden un chisco máis gordiñas que as demais. Comtessa caseira
  • Tapamos co plástico transparente e metémolo no conxelador ata que fique duro.Comtessa caseira
  • Sacamos do conxelador e deixamos que atempere uns minutos antes de cortala.

Se queredes, podedes botarlle un pouquiño máis de chocolate por riba cando a saquemos do conxelador, para que se pareza un chisco máis á orixinal. O chocolate quedará pegado deseguida polo contraste de temperaturas, así que haberá que botalo amodo. Polo demais, esta comtessa caseira é unha excelente opción para degustar esta torta xeada na casa. E aínda que non sexa unha opción súper saudábel, de seguro que é moitísimo mellor que a que se merca. E esta, ademais, podedes facela ao voso gusto! Porque quen di chocolate, di crema de Lotus, chocolate branco, Nutella…

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.