Roliños de tortilla

Non sei se a vós tamén vos pasa, mais ás veces custa bastante pensar que facer de xantar ou cear. E ter unha boa listaxe de receitas á man, que ademais, sexan rápidas e sinxelas, vén moi ben. Estes roliños de tortilla son unha moi boa opción para algo rápido. E ademais, é unha receita bastante saudábel e facilmente adaptable aos vosos gustos.

roliños de tortilla
Roliños de tortilla

Eu déixovos a miña receita, e como os fago eu, mais como é tan sinxela de preparar, o meu consello é que empreguedes verduras de tempada. A súa consistencia é moi ciumenta, non se fan nada secos e son unha moi boa opción para levar de comer ao traballo ou de picnic. E se andades a buscar receitas de picnic, estes onigiris son os nosos favoritos.

Ingredientes para 4 roliños

  • 100 gramos de repolo chinés

  • 4 ceboliñas

  • 1 pouco de coandro fresco

  • 2 tomate mediano

  • 8 ovos

  • sal e pementa

  • 4 masas de tortillas mexicanas

Preparación

  • Cortamos o repolo en tiras e picamos as ceboliñas (só a parte branca) e o coandro.
  • Cortamos tamén o tomate en cadradiños.
  • Batemos os ovos e engadimos as verduras que cortamos xunto co sal e a pementa.Roliños de tortilla
  • Cun pouco de aceite, nunha tixola, botamos unha cuarta parte da mestura, máis ou menos ata que cubra a base da tixola. Roliños de tortilla
  • Cando comece a callar, aínda que non de todo, poñemos a masa de tortilla enriba e presionamos lixeiramente. Roliños de tortilla
  • Dámoslle a volta e deixamos que a masa se dore lixeiramente.Roliños de tortilla
  • Sacamos da tixola e aínda quente, enrolamos para facer o roliño.

Agora só queda cortalo en dous anacos e xa está quedaría preparado. Se queredes facer máis cantidade, só precisades dobrar a cantidade de ingredientes. A verdade é que esta combinación queda moi ben, mais como vedes, é sinxelo facelo con outros ingredientes que teñamos pola casa. Ou ben aproveitar sobras doutros pratos. Como sempre vos digo, é cuestión de probar! Para unha versión sen glute, as tortillas de millo van perfectas. E se queredes acompañalos cun prebe, só tedes que mesturar 2 culleradas de mahonesa con 2 culleradas de ketchup ou prebe de tomate.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.