Mini panettone

Gústenos ou non, o panettone xa hai uns anos que semella ser a lambetada máis mercada e que máis se ve nos mercados (xunto co turrón) durante o Nadal. Hai moitos tipos de panettones, recheados de chocolate, con pasas, con pingas de chocolate, con froitas, matcha… Neste blogue xa temos un panettone con chocolate e a verdade é que caseiro sabe moito mellor.

mini panettone

E este ano, decicín facer estes mini panettones para poder tomalos sempre no seu punto. Deste xeito, non quedan abertos e non se secan. E ademais, non precisamos colgalos cara abaixo, pois estes pequechos non se baixan. O proceso é máis doado que para os grandes, e o resultado é igual de sabedeiro.

mini panettone

Eu merquei estes moldes pequenos para que quedaran máis bonitiños. Son iguais que os do panettone grande, mais teñen un tamaño aproximado dunha madalena. Mais se vos apetece facer a receita e non queredes gastar cartos nos moldes, podedes facelo en moldes de madalenas grandes, coma os moldes desta receita. Ou ben facelos en moldes de madalena de sempre. Aínda que nese caso teredes que facer máis de 6 e dividir a masa para que non saian para fóra.

mini panettone

Ingredientes para 6 mini panettones

  • 85 ml de leite morno

  • 1/2 culleradiña de azucre

  • 1 1/2 culleradiña (7.5 gramos) de fermento seco de panadaría

  • 250 gramos de fariña de forza galega

  • 1 culleradiña de sal

  • 2 mandarinas reladas

  • 1 culleradiña de azar

  • 1 culleradiña de esencia de vainilla

  • 1 ovo

  • 1 xema

  • 45 gramos de mel

  • 75 gramos de manteiga mais unha pouca máis para botar sobre os panettone

  • 100 gramos de anacos de 3 chocolates (negro, con leite e branco)

PREPARACIÓN

  •  Mesturamos o leite morno, co azucre e o fermento seco. Deixamos que se active mentres preparamos o resto dos ingredientes. mini panettone
  • Botar o resto dos ingredientes nun cunco, agás o chocolate e a manteiga. E engadir tamén a mestura de fermento. mini panettone
  • Amasar durante uns 10 minutos. Se tedes a posibilidade de facelo cunha amasadora, mellor. mini panettone
  • Agora temos que ir engadindo a manteiga pouco a pouco, e non engadir máis ata que estea a anterior ben integrada. Sobre todo se o facemos a man. Unha vez integrada, amasaremos 10 minutos. mini panettonemini panettone
  • Engraxamos un cunco grande, poñemos a masa, tapamos cun papel film transparente e deixamos que levede durante uns 2 horas e media ou tres. mini panettonemini panettone
  • Botamos un pouco de manteiga na mesa, poñemos a masa e cos dedos, ímola extendendo ata ter un rectángulo. 
  • Botamos os anacos de chocolates, pechamos a masa e amasamos ata que vexamos que os anaquiños están repartidos por toda a masa. mini panettone
  • Pesamos a masa e dividímola en 6 anacos iguais. mini panettonemini panettone
  • Poñémolas sobre os moldes e deixamos que levede durante unha hora, máis ou menos. Depende un chisco do molde. Cando vexades que xa medrou abondo. É mellor deixalos xa na bandexa onde os vaiamos enfornar, para non ter que movelos moito. mini panettonemini panettone
  • Poñemos un chisco de manteiga sobre cada mini panettone e enfornamos a 175ºC durante uns 20 minutos. Eu apagueo o forno e deixeinos dentro ata que arrefriou. Se vedes que se poñen moi moreniños por riba, podedes poñer un anaco de papel de aluminio para tapalos.mini panettonemini panettone

E xa estarían preparados os mini panettone. Como vedes, non cómpre poñelos para abaixo. Pódense facer e degustar no mesmo día. Iso si, seguen a ter a textura e o sabor dun panettone.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.