Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro

E xa que fomos a por flores de sabugueiro para preparar o xarope, agora temos que aproveitalo! Estes días de sol están ideais para preparar unha bebida refrescante con xarope e acompañala con estas madalenas. Si, son madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro. E están de vicio. A receita moi sinxela, coma sempre. E o glasado dálle un toque larpeiro e doce que fai que sexa imposible comer só unha. Só aptas para persoas ben larpeiras! Como vedes, cunhas sabedeiras flores de sabugueiro, temos a merenda xa preparada para sorprender e namorar!

Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro
Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro

Adoro facer madalenas. É un deses pequenos praceres da vida. Supoño que tamén inflúe que é unha receita que sempre me sae ben. E o resultado é ideal. As combinacións son infinitas. Non fai falla máis que botarlle un ollo ao blogue e ver todas as receitas que hai: de cereixas (que están agora en tempada!), de pistacho, de mazás, de nata e moitas máis. Eu de ti, buscaría por aí, porque de seguro hai algunha que te enche o ollo. Tamén teño que recoñecer que estes moldes de limonciños vanlles de marabilla, non si? Que bonitas quedan!

Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro

Ingredientes para 8 madalenas grandes

  • Para as madalenas
  • 2 ovos

  • 180 gramos de azucre

  • 65 ml de leite

  • 185 ml de aceite de oliva suave

  • 210 gramos de fariña (metade de fariña de repostaría, metade de fariña normal)

  • 7 gramos de fermento químico

  • un chisco de sal

  • 1 limón relado

  • Para o glasado
  • 140 gramos de azucre en po

  • 4 culleradas de xarope de flor de sabugueiro

  • floriñas para decorar

Preparación

  • Mesturamos todos os ingredientes das madalenas e deixamos repousar na neveira durante unha hora. Poñemos o forno a quentar a 210ºC.
  • Cando saquemos a masa da neveira, batemos de novo.
  • Botamos a masa nos moldes das madalenas. Estes son bastante grandes, entón só saen 8. Se son moldes dos de toda a vida, probablemente saian 10 ou 12.Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro
  • Enfornamos durante uns 15-18 minutos dependendo do tamaño dos moldes. O escarvadentes cravado no centro terá que saír limpo.Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro
  • Deixamos que arrefríe e mesturamos o xarope de flor de sabugueiro co azucre en po.Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro
  • Cando as madalenas estean frías, botamos o glasado sobre as madalenas. Unha cullerada, máis ou menos, sobre cada unha. Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro
  • Decoramos cunhas floriñas de sabugueiro. Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro

Eu creo que con esta receita xa vos convencín de todo para ir facerlle unha visita a algún sabugueiro, non? As combinacións son infinitas. Eu non llo botei, mais podedes botarlle un chisco de xarope (unha culleradiña) a cada madalena, para que queden máis húmidas e con máis sabor a sabugueiro.

Madalenas de limón con glasado de flor de sabugueiro

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.