Bombóns da Candeloria

E chegou o día! O día da Candeloria e os paxariños xa están a emparellarse e a buscar o sitio perfecto para facer o seu niño. E eu, sigo coas lambetadas para a ocasión. Desta vez, uns bombóns recheos que están de vicio. Eu aproveitei uns moldes de corazón que tiña pola casa desde hai xa un tempo. Mais en verdade non precisades ningún molde especial, pódense facer en cubiteiras de xeo ou aproveitar medio brick de leite e facelo tipo tableta de chocolate. O recheo é moi sinxelo, mais queda boísimo.

bombóns da Candeloria

Polo demais, a receita é ben sinxela. Derreter, remexer e arrefriar. E pouco máis ciencia ten. E se non preparastes ningunha lambetada para festexar este día do amor, sempre podedes preparalos en calquera outra ocasión. Que uns bombóns sempre prestan, non cómpre ningunha desculpa para os comer.

bombóns da Candeloria

Ingredientes

  • 150 gramos de chocolate negro mínimo 75%

  • 60 gramos de chocolate branco

  • 3 culleradas de crema de froitos secos (a miña era de pistacho e cacahuete)

Preparación

  • Derretemos a metade do chocolate negro e botámolo no molde. Se o molde leva pauciños, poñémosllos agora. Deixamos que arrefríe.bombóns da Candeloriabombóns da Candeloria
  • Derretemos o chocolate branco e engadimos a crema de froitos secos que máis nos guste. Mesturamos ben.bombóns da Candeloria
  • Botamos o recheo dentro de cada bombón, repartíndoo ben. Deixámolo uns 10 minutos no conxelador.bombóns da Candeloria
  • Derretemos a outra metade do chocolate negro e botámola por rina tapando ben o recheo.bombóns da Candeloria
  • Metemos todo na neveira e deixamos arrefriar.

Sacámolos con moito coidadiño do molde, facendo presión sobre cada un dos bombóns da Candeloria. E xa estarían preparados. O recheo está de vicio. Así que recoméndoo para outras lambetadas. Froitos secos e chocolate branco sempre na miña equipa. E xa vedes que os ingredientes son poucos e a preparación é moi sinxela. Así que se os queredes preparar para a Candeloria, eu diría que aínda estades a tempo 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.