Chocolate quente

Para acompañar uns churros caseiros, non hai nada mellor que un chocolate quente. E se ademais o día está frío, entra de marabilla para quentar o corpo. Facelo na casa é moi doado. E o único requisito vén sendo mercar un chocolate sabedeiro e de calidade. E se é especial para facer chocolate quente, mellor. E se o facemos o día de ano novo, a experiencia xa é sublime. Espertar e comezar o día cun chocolate caseiro acompañado duns churros, tamén caseiros, é das mellores maneira de comezar o ano.

chocolate quente

O truco para que quede coa textura perfecta é fervelo dúas veces. Deste xeito, non precisamos engadir ningún espesante para que quede máis denso. Os ingredientes, poucos e sinxelos. Un bo chocolate e leite. Eu fíxeno con leite enteiro, non sei como quedaría con leite desnatado, semi, vexetal ou sen lactose. Se probades, xa me contaredes.

IngredienTes para 4 canecos

  • 1 litro de leite

  • 400 gramos de chocolate Raposo (especial chocolate quente)

Preparación

  • Comezamos picando o chocolate para que se desfaga por igual e de xeito máis uniforme.chocolate quente
  • Poñemos a quentar o leite nunha pota e engadimos o chocolate picado.chocolate quentechocolate quente
  • Remexemos todo o tempo e cando ferva, sácao do lume e agardamos a que pare de ferver.chocolate quente
  • Voltamos poñelo a ferver e veremos como xa vai quedando máis espeso. Agora podemos deixalo máis ou menos tempo dependendo de como de denso o queremos.chocolate quente

E xa estaría preparado o noso chocolate quente. Como vedes, non se precisa engadir ningún ingrediente extra, como fariña, para que fique ben espesiño. Agora só precisamos botalo nos canecos e ter unha boa lambetada para acompañar. Eu déixovos por aquí a receita dos churros, que sempre fan boa parella. Mais ao chocolate quente préstalle ben calquera larpeirada.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.