chaolas
Subscríbete ás nosas receitas! / Subscribe to our recipes!
Receitas máis populares
Máis receitas!
- Bebidas
- BLW
- Cociña oriental
- Cociña tradicional
- Día dos Namorados/Valentine's Day
- Entroido
- Gastro-Etapas do Camiño
- Info
- Lambonadas
- Libros de cociña
- Lugares doces/Sweety places
- Nadal/Christmas
- Pascoa / Easter
- Petiscos
- Primeiros pratos
- Receitas quick
- Restaurantes/Restaurants
- Samaín/Halloween
- Uncategorized
- Viaxes
Lembrades as flores de magnolia?
Pois isto foi o que fixemos con elas.
🌸 Flor de magnolia encurtida
90 ml de vinagre de arroz
25 gramos de azucre moreno
1 belisco de sal
50 gramos de flores
Mesturar, quentar e botar sobre as flores. Pasadas 24 horas pódense comer así, como estean. Ou para acompañar calquera prato.
🌸 Xarope de flor de magnolia
200 ml de auga
200 ml de azucre
50 gramos se flores
Ponse xarope a ferver, bótanse as flores e déixanse ferver 20 minutos. Despois infusionan 5 e retíranse as flores. Gárdanse as flores e o xarope para facer receitas doces.
Aquí fixemos un biscoito. Axiña a receita! 🌸
#kukinhas #receita #magnolia
5 días ago
Receitas de Pascua!!!
Si, kukis, é a época das lambetadas de Pascua. E aínda que nós estamos a tope coas flores e a primavera, non podemos deixar de facer receitas de Pascua.
Isto que vedes son Koulourakia! Para todas aquelas persoas que estades subscritas ao blogue, de seguro que xa a recibistes no voso correo!
Son unha lambetada típica de Grecia e Chipre. Adoitan facerse pola Pascua e a súa particular forma representa o ciclo da vida.
E son moi sinxelas de facer. E se tedes crianzas pola casa, iso de amasar seguro que lles gusta e vos botan unha man!
A idea é mesturar ingredientes, deixar repousar, dar forma e enfornar.
O resultado? Uns biscoitiños crocantes pór fóra e moi suaves e esponxosos por dentro.
Que? Aninádesvos?
Aquí a receita!
https://kukinhas.com/2026/03/koulourakia/
#koulourakia #kukinhas #receita #engalego #Pascua
2 semanas ago
Ola Kukis,
Por se alguén se anima, aquí vos deixo a receita das carolas de nabo encurtidas.
Ingredientes
200 gramos de nabo (2 carolas)
6 + 3 gramos de sal
1 belisco de cúrcuma
30 gramos de azucre
90 ml de auga
60 ml de vinagre de arroz
Preparación
1. Pelamos os nabos, cortámolos en láminas e poñemolos cos 6 gramos de sal durante 45 minutos.
2. Pasado o tempo, escorrémolos e lavamos dúas veces.
3. Poñemos a ferver o azucre, a auga, os 3 gramos de sal e a cúrcuma ata que o azucre estea disolto.
4. Poñemos o nabo nun bote que se poida pechar hermético (o meu é de @quinteirodoce ).
5. Mesturamos o líquido que ferveu co vinagre de arroz e botámolo sobre o nabo.
6. Remexemos ben e deixamos mínimo 24 horas na neveira.
E xa estaría! Agardo que vos guste e que probedes! Está boísimo e xa vedes que é ben sinxelo de facer!
#naboencurtido #danmuji
3 semanas ago
Cantas cousas fermosas nos dá a nosa terra e que pouco están valoradas!!!
As estrugas son fonte dunha chea de cousas boas e, ademais, están taaaan ricas!!!
Estas 💚 BOLACHAS DE ESTRUGAS 💚 son espectaculares!
E só precisamos ir apañar unhas poucas, poñelas a secar ao sol e moelas.
Cando xa temos o po de estrugas, o resto xa vai só.
Agradezamos todo aquilo que a natureza nos dá 💚
https://kukinhas.com/2026/03/bolachas-de-estrugas/
E vós? Probastes algunha vez a cociñar con estrugas? Tedes curiosidade por probalas?
Eu adoro o seu sabor!!!
#kukinhas #estrugas #bolachas #urtigas #nettles
4 semanas ago
Rosquillas de laranxa!!!!! 🍊
Benvidas e benvidos á época máis lambona do ano!!!
E para seguir aumentando a nosa listaxe de lambetadas de Antroido, unha receita de rosquillas de laranxaaaaa 🍊 🍊 🍊
Boísimas e, ademais, receita tradicional!!! As mellores!
Receita aquí: https://kukinhas.com/2026/02/rosquillas-de-laranxa/
#Entroido #rosquillas #kukinhas
2 meses ago
❤️❤️❤️Corazóns de amorodo e crema de queixo!!!
E que viva o AMOR!
Receita aquí: https://kukinhas.com/2025/02/corazons-de-amorodo/
#kukinhas #receita #corazons #lambetadas
2 meses ago
Que casan os paxariños? Pois festexámolo!
Mañá chega o mes do Antroido e o mes do amor. Máis escusa para lamberetear non precisamos!
E comezamos con estas bolachas red velvet, que non se diga!
Crocantes por fóra, e amorosiñas por dentro, con anacos de chocolate branco, toque de cacao e vainilla, e esa cor vibrante... Non se lles pode pedir moito máis!
Ou si! Que son súper sinxelas de facer!!!
Aquí a receita: https://kukinhas.com/2026/01/bolachas-red-velvet/
#bolachas #redvelvet #bolachasredvelvet #valentinesday #diadosnamorados❤️
2 meses ago
Mantemuertos de chocolate 🥰
Sabías que?
Os mantemuertos son unha mestura entre os mantecados e o pan de muerto 💀
Os ósos que poñemos enriba representan os defuntos, e a bóla pequena colocada enriba podería ou ben representar as bágoas choradas polos familiares dos defuntos, ou ben as bágoas da deusa azteca da vida e a morte.
A textura da lambetada é ideal para acompañar cun chocolate quente, un te, ou un vaso de leite, pois non é a típica textura de biscoito, moi esponxoso, senón máis tipo pan.
https://kukinhas.com/2020/10/mantemuertos-de-chocolate/
#mantemuertos #pandemuerto #diadelosmuertos💀 #Mexico
5 meses ago
Samaín xa está aquiiiii!!!!
E con el, lambetadaaaaaas arrepiantes, terroríficaaas e súper riquiñas como estas BOLACHAS DE JACK SKELLINGTON!!!
Que vos vou dicir? Están de medooo! E fanse nun tris, e son mooooi sinxelas!!!
E de seguro que as crianzas vos botan unha man para facelas!!!
Que? Xa vos convencín ou teño que mandarvos a proba? 😉
A receita aquí, nas stories, no perfil e seeempre en Kukinhas.com
https://kukinhas.com/2025/10/bolachas-de-jack-skellington/
Mando proba?
6 meses ago
Cando comeza a asomar o outono, o noso pensamento adoita a levarnos a días de manta, chuvia, sofá e cousas quentiñas. E semella que os nosos niveles de enerxía están máis baixos do habitual. Máis sono, máis cansazo e máis preguiza. Así que ter á man groliños de inverno que fagan que a nosa enerxía mellore considerablemente sempre veñen ben.
E non, non son milagreiros nin moito menos. Mais si que é un xeito saudábel e rápido de engadir vitaminas e antioxidantes á nosa rutina diaria. E ademais, están boísimos! Que iso tamén se agradece.
E aquí tedes 3 receitas para darlle ao corpo ese chute de enerxía que precisa estes días de cambios de tempo!!!
E vós? Tamén andades máis cansos do habitual?
Receitas aquí: https://kukinhas.com/2025/09/grolinos-de-inverno/
#groliños #groliñosdeinverno #inmunityshots #shots #kukinhas #receita #engalego #outono
7 meses ago
Torta de estrugas apañadas con moito agarimo, e luvas 🤭 con crema de nata e mascarpone.
Por riba, leva anacos do propio biscoito, que fan como de musgo. E cunhas framboesas da horta para decorar.
Esta torta tamén se pode facer con espinafres, mais as estrugas danlle un sabor incríbel. E a cor? Todo natural, grazas ás estrugas.
A receita é moi sinxela, e non se tarda nada en facela.
https://kukinhas.com/2022/09/torta-de-estrugas-e-mascarpone/
#kukinhas #engalego #receita #torta #estrugas #urtiga #lambetadas #tortadeestrugas #mascarpone #framboesas
8 meses ago
Falamos de bolachas/galletas da infancia e que lambranzas tan doces en todos los sentidos!!!
E é que cando comemos lambetadas en familia, con xente coa que nos sentimos ben, iso queda para sempre no noso segundo cerebro, o estómago 🥰
Estas petit ecolier son unha desas que me leva a tempos pasados! E si, sei que para que fiquen tan chulas, hai que ter un molde, mais quen dixo que non se pode facer simplemente unha bolacha e botarlle chocolate por riba, ou xuntar dúas e poñer chocolate de recheo?
O importante, ao final, é PARTILLAR! É converter todo o que cociñamos en momentos para lembrar!
Aquí vos deixo a receita, por se vos animades!
E GRAZAS por espertar lembranzas da nenez que case xa tiña esquecidas cos vosos recordos!!! ❤️
https://kukinhas.com/2025/08/petit-ecolier/
#kukinhas #receita #petitecolier #bolachas #galletas #lambetadas #cociñaengalego #lembranzas
8 meses ago
