Verdinas con lagostinos

Ata hai ben pouco non coñecía estas fabas asturianas chamadas verdinas. E o que tampouco sabía é que tamén son chamadas fabas do marisco, por iso de que, polo seu sabor e a súa textura, casan ben co marisco. Por se non as coñecedes, dicirvos que son unhas fabas máis ben pequenas, e de cor verde, de aí o nome. A súa textura é moi cremosa e o seu sabor delicado e suave.

verdinas con lagostinos

Agora que estamos no inverno, un prato de verdinas con lagostinos resulta unha moi boa opción. Non é un prato rápido, mais si sinxelo de preparar e con moito sabor. Tamén se pode facer con outros mariscos. Eu xa probei con ameixas, por se vos animades. Estas verdinas que empreguei eu foron un agasallo, mais podedes atopalas en tendas con legumes ao peso, ou probar con outras fabas, como as de Lourenzá.

verdinas con lagostinos

Ingredientes para 4 persoas

  • 2 cenorias

  • 1 cebola

  • 2 porros

  • 1 allo

  • 1 culleradiña de tomate concentrado

  • 250 gramos de fabas verdinas

  • Caldo de peixe

  • 800 gramos de lagostinos

  • 1 culleradiña de pemento doce

Preparación

  • Poñemos as verdinas a remollo a noite anterior.verdinas con lagostinos
  • Comezamos cortando en anacos pequenos as cenorias, a cebola, os porros e o allo.
  • Poñemos a pochar a lume lento nun pouco aceite de oliva todas as verduras, agás o allo.verdinas con lagostinos
  • Cando estean ben pochadas, engadimos o allo picado e mais a culleradiña de tomate concentrado.verdinas con lagostinos
  • Botamos as verdinas e cubrimos co caldo de peixe. Deixamos que se cozan a lume lento durante unhas 2 horas.verdinas con lagostinos
  • Cocemos os lagostinos. Desta vez, eran conxelados. Para que non se fagan de máis, sacarémolos da pota en canto flutúen.verdinas con lagostinos
  • Pelamos os lagostinos e xuntámolos coas verdinas. Engadimos tamén a culleradiña de pemento doce e deixamos cocer uns 5 minutiños.verdinas con lagostinos

Recordade que as fabas precisan sempre unhas 2 horas de cocción aínda que as deixaramos a remollo. Para unha opción máis rápida, sempre podemos facer un bo refogado antes e empregar fabas de bote xa cocidas. Se facemos os lagostinos á prancha, podemos aproveitar o suco para botarllo ao caldo e que lle dea máis sabor. Ou facer un caldo coas cabezas e engadirllo. E se aínda non incorporastes o tomate concentrado á vosa cociña, non o dubidedes. Realmente aporta un toque moi sabedeiro a estes guisados.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.