Filloas de castañas

Hoxe vai de confesións. Gústame moito cociñar con fariña de castañas. Coido que é un produto que debemos coidar e darlle moito uso, pois o certo é que neste país temos moi boa materia prima de castañas. Despois de probar a facer a bica con esta fariña, e estando xa no mes do Entroido, pensei que facer unhas filloas de castañas ía ser moi boa idea. E non me enganei.

filloas de castañas

O resultado son unhas filloas máis ben doces. A fariña de castañas dálle un punto doce (ademais do azucre). Cunha textura suave e cremosa e cun característico sabor a castaña. Ademais de saber moi ben, é unha excelente opción sen glute. Eu boteille 3 culleradas de azucre e quedan bastante doces. Podedes botarlle menos, ou pode que ata sen azucre queden ben, pois a fariña de castañas xa lles dá moito sabor. Hei facer a proba e xa vos conto.

filloas de castañas

Ingredientes

  • 3 ovos

  • 150 gramos de fariña de castañas

  • 500 ml de leite

  • 3 culleradas de azucre

  • 50 gramos de manteiga

  • 1 belisco de sal

Preparación

  • Mesturamos tódolos ingredientes.filloas de castañas
  • Batemos ata que estean ben integrados.filloas de castañas
  • Quentamos unha tixola (pódese untar de aceite ou manteiga) e imos facendo as filloas por un lado…filloas de castañas
  • E polo outro.filloas de castañas

E xa estarían. Como a masa xa leva manteiga, é probábel que non precisedes engadir aceite ou manteiga na tixola antes de botar a masa. Eu, de feito, botei aceite na primeira, e non precisei engadilo nas demais. O mellor é probar. Hai quen lle bota un chisco de anís, e de seguro lle queda ben, mais penso que é mellor non tapar o sabor da castaña, que é o quele dá o toque especial a estas filloas.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.