Albóndegas de tofu / Tofuballs

Albóndegas de tofu

Ás veces de experimentos na cociña saen as mellores receitas. E foi un pouco iso o que me pasou con estas albóndegas. Normalmente adoitamos facer o menú os domingos para toda a semana e así poder ter un menú máis equilibrado e saber que mercar e para cando, tendo ademais en conta que sempre comemos en familia, polo que as receitas teñen que ser tamén aptas para o pequecho de 16 meses. Sempre hai un día no que toca tofu. Ata o de agora sempre o fixera con verduras e ao curry con leite de coco, mais hoxe douseme por probares doutra maneira e sairon estas albóndegas que a verdade é que están de vicio! Se xa probastes as que fixen de brócoli, de  coliflor ou de avea, estou segura de que estan hanvos prestar moito. Gústame moito como quedaron porque por dentro están suaves, brandiñas e o sabor é moi intenso. Non quedan nada aceitoseiras e fanse nun plis! Non vos enredo máis, e imos aló! E que precisamos para facer esta marabilla?

Ingredientes para 20 albóndegas

  • 250 gramos de tofu
  • 1 cabaciña
  • 1 cenoria
  • curri, cúrcuma e sal
  • 60 gramos de pan relado
  • fariña triga para empanar

*sen sal para BLW menores de 12 meses

Preparación

  1. Apretamos o tofu con papel absorbente para sacarlle o excedente de auga e desmigámolo coas mans.
  2. Relamos a cabaciña e a cenoria cun relador fino. Mesturamos todo e apertamos a mestura coas mans para sacarlle a auga. Sairá abondo pois o tofu e a cabaciña botan bastante auga.
  3. Engadimos sal, curry e cúrcuma ao gusto. E mais o pan relado, mesturando todo ben.
  4. Formamos bóliñas duns 23 gramos cada unha e enfariñamolas.
  5. Fritímolas a lume medio ata que fiquen lixeiramente douradiñas, e listo!

Para acompañar estas albóndegas, nada mellor que un pouco de arroz, unha ensalada, pasta ou simplemente un prebe de tomate, romesco ou maionesa. A verdade é que están moi boas e o tofu fai que por dentro fiquen húmidas  e suaves. Ademais, valen ata para os máis pequechos da familia e tamén vos poden botar unha man coa preparación. Encántame cando os experimentos saen ben! Bo proveito!!!

____________________

Tofuballs

I love experimenting in the kitchen and, sometimes, the result is just great! And this is exactly what happened with this recipe. We plan our menu every Sunday, so we can plan a healthy one and we know when to buy all the fresh ingredients. That is the best way we have of planning meals, taking into account meal time is family time and we all eat the same, including our little one, who is 16 months old.

There’s always a day in which we have tofu (he loves it!) and up to now I always prepared it with some curry and coconut milk, but today I decided to try a new way and this was the excellent result! If you’ve tasted the broccoli ones, you’re going to love these ones a well. I love its texture, firm on the outside but soft and juicy on the inside. And what do we need to prepare these delicious tofuballs?

Ingredients for 20 tofuballs

  • 250 gr tofu
  • 1 zucchini
  • 1 carrot
  • curry, turmeric, salt
  • 60 gr breadcrumbs
  • plain flour for coating

*no salt for BLW under 12 months

Directions

  1. Firmly press tofu with some kitchen paper towel to take out the extra water and crumble it with your hands.
  2. Finely grate zucchini and carrot. Mix all and press to take out all the water.
  3. Mix in salt, curry, turmeric and breadcrumbs.
  4. Shape balls of 23 grams each and flour them.
  5. Fry them over a medium heat until golden. And that’s it!

With some rice, pasta, a salad or some sauce (mayo, romesco, marinara…), these tofuballs are really delicious. Tofu makes them soft and juicy on the inside. Little ones may help you out in the kitchen to prepare them and also to eat them, as it is a recipe which is appropriate for BLW. I love experimenting and getting these amazing results! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.