Pizza de fariña de garavanzos
Hai días nos que temos ganas de pizza caseira e non temos xeito de poñernos a facer a masa, agardar a que levede e amasar. Ou ben queremos facer unha versión máis saudábel e sen glute e non sabemos moi ben como. A masa de pizza feita con fariña de garavanzo resulta unha masa moi sinxela de facer, non hai que darlle moitas voltas e ademais, está moi boa. Case non se lle nota o sabor a garavanzo e é unha opción moi saudábel e unha maneira de comer legumes case sen decatarnos. Imos aló!
Ingredientes para 3 pizzas de 20 cm
- 250 gramos de fariña de garavanzo
- 260 ml de auga
- 1 belisco de sal
- 1 culleradiña de aceite de oliva
- aceite de oliva para fritir
- os ingredientes que queirades botarlle á pizza. Neste caso: mollo de tomate, ourego, queixo relado, atún, cebola e olivas negras.
Preparación
- Mesturamos tódolos ingredientes da masa cunha culler ou lingua ata que queden todos ben integrados.
- Unha vez estean mesturados, xa podemos preparar a base, mais se tedes tempo, eu aconséllovos deixala repousar na neveira unha hora, pois quedará mellor.
- Nunha tixola cun chisco de aceite de oliva, botamos un pouco de masa e coa lingua ímola alisando ata cubrir toda a base da tixola.
- Deixamos que se faga a lume medio un minutiño ou dous e dámoslle a volta. Veredes que xa está lista porque ao mover a tixola, a masa está totalmente despegada e móvese.
- En canto estea feita polos dous lados, poñémola sobre a bandexa do forno e botámoslle os ingredientes.
- Grellamos no forno ata que o queixo estea torrado. Como a base xa está cociñada, é mellor que os ingredientes vaian todos cociñados xa, pois a pizza só precisará uns 10 minutiños para estares lista. Ao grellala, a base tamén quedará máis torrada e máis crocante. E listo!
Desta vez non fun facendo fotos porque gravei os vídeos para Instagram e deixeinos nas historias destacadas. É unha base de pizza moi rápida e sinxela de facer, e veredes que co seu punto crocante non ten nada que envexar ás masas de sempre. Se andades a buscar unha opción máis saudábel, sen glute e doada, esta masa de pizza teno todo.
_______________________________________________________
Socca pizza crust
In those days in which we feel like preparing homemade pizza crust but we just don’t want to prepare the usual one because we do no thave enough time, or just because we want to prepare a healthier version and gluten-free, this socca pizza crust is super simple, tasty and healthy! You may not even notive is made out of chickpea. Let’s go!
Ingredients for 3 20 cm pizzas
- 250 gr chickpea flour
- 260 ml water
- 1 pinch of salt
- 1 tsp olive oil
- olive oil to fry
- the ingredients you want to put on your pizza crust. For us: tomato sauce, oregano, grated cheese, tuna, onion and black olives.
Directions
- Mix all ingredients with a spoon until they are all well integrated.
- You may use the batter now, or allow it to rest for 1 hour in the fridge.
- In a pan, add in some olive oil and some batter so you can cover the whole pan surface, using a silicone spatula to spread the batter.
- Allow to cook for a minute or 2 and flip it over. You can see it is ready because you can see it move if you shake the pan.
- As soon as cooked on both sides, place it over the baking tray and add in your favourite ingredients.
- Grill until cheese is melted and ready. As the crust is already cooked, we will only need 10 minutes to be ready. It is better if you use already cooked ingredients. When you grill it, you’ll get a crunchy crust. Delicious! And that’s it!
I don’t have step by step preparation pictures because I recorded it for Instagram. You have the whole recipe in the highlighted stories. It’s a super simple pizza crust, quick, crunchy, healthy and gluten free. It’s not as the usual pizza crust, but it does the work really good! Hope you enjoy it!