Onigiris de atún e maionesa / Tuna mayo onigiris

Onigiris de atún e maionesa

Que devezo pola comida xaponesa penso que é algo ben sabido polas lectoras e lectores do blogue, as gyozas encántanme, o sushi, as trufas de té verde, os dorayakis, ou os yakisoba. Mais tamén é certo que de todo iso xa tiña receita no blogue, e que podía faltar? Pois os onigiris!!! (Tamén os Takoyakis, que son unha das miñas perdicións!!!) Gústanme moito por varias razóns: son un petisco perfecto para levar de picnic, no bolso, ir comendo pola rúa, para o recreo… Son saudábeis e sinxelos de comer. Ademais, poden rechearse de ingredientes ben diferentes, variando así o seu sabor. E foi o primeiro que comín nada máis chegar a Tokyo 😀

Ingredientes para 10 onigiris de 100 gramos:

  • 400 gramos de arroz para sushi
  • 420 ml de auga
  • 2 latas de atún
  • 2 culleradas de maionesa (se a atopades xaponesa, mellor)
  • Sal
  • Alga nori

Tempo de preparación: 50 minutos
Tempo de repouso: 30 minutos

Preparación paso a paso:

1. Lavamos o arroz facendo pequenos movementos circulares e cambiando a auga ata que fique transparente.

2. Escorremos e deixamos que repouse 30 minutos.

3. Poñemos unha pota cos 420 ml de auga, botamos o arroz, tapamos a pota e poñemos a ferver a lume medio durante 5 minutos. Baixamos o lume ao mínimo e deixamos que se coza durante uns 12/13 minutos.

4. Apagamos o lume e deixamos que repouse 10 minutos. Sempre a pota tapada.

5. Cando xa estea listo, remexemos cunha culler e moito tino procurando que non rompa o arroz.

6. Agora temos que preparar a nosa mesa de traballo. Unha cunca de arroz cocido (100 gramos), outra de auga, de sal e outra coa mestura de atún e maionesa. E un papel transparente enriba da mesa de traballo.

7. Mollamos as mans, collemos algo de sal, poñemos 2/3 de arroz, o recheo enriba, tapamos co outro 1/3 e facemos unha bóla. Podemos deixala así ou darlle forma de triángulo.

8. Decoramos coa alga nori e listo!

O tempo de preparación é algo largo polo arroz, mais os onigiris prepáranse decontado. Os recheos poden variar moito e por fóra, se non vos gusta a alga nori, podedes botarlle sésamo ou mesturar os ingredientes co arroz, sen que vaian de recheo. E se tedes cativada ou vos gusta o rollo kawaii como a min, xa sabedes, a decorar!!!

Vídeo da receita: Instagram Kukinhasblogue

________________________

Tuna Mayo Onigiris

That I’m a huge fan of Japanese gastronomy is something that you should definitely know by now. I love gyozas, sushi, matcha truffles, dorayakis, or yakisoba. However, as you can see, I hadn’t prepared them at home before, and it was about time! Onigiris are a snack I especially enjoy for several reasons: perfect size for picnic and carry around, healthy, simple, you can fill them with almost whatever you feel like to and… this was the first thing I ate during my visit to Tokyo 😀

Ingredients para 10 onigiris of 100 grams:

  • 400 gr sushi rice
  • 420 ml water
  • 2 cans canned tuna
  • 2 tbsp mayo (Japanese, even better!)
  • Salt
  • Nori seaweed

Prep time: 50 minutes:

Step by step preparation:

1. Wash rice making small circular movements with your hands until water is clean and transparent.

2. Drain rice and allow to set for 30 minutes

3. In a pot, add in the rice and the water and boil at a medium heat for 5 minutes until it starts to boil. With the lid on, and over a low heat, simmer for 12/13 minutes.

4. Turn off heat and let it set for 10 minutes, lid on.

5. When ready, mix with a rice spoon very carefully so rice does not break.

6. Now, let’s set all we need to prepare the onigiris! A cup of water, some salt, 100 grams of rice and the mixture of tuna and mayo. And some plastic wrap to work on.

7. Wet hands, add salt, take 2/3 of rice, place filling, cover with the rest of the rice and give it a ball shape, squeezing carefully. You can either leave it like that or give it a triangle shape.

8. Decorate with some nori seaweed and that’s it!

Prep time is long because we need to wash and cook the rice, but onigiris are something really quick and simple to make! Fillings may vary a lot depending on what you like, and you don’t fancy the nori seaweed, you can always add some sesame seeds or mix the filling with the rice. And if you like them kawaii, get your kids to help you and prepare the cutest onigiris!

Video recipe (in Galician): Instagram Kukinhasblogue

 

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.