Biscoito de chocolate / Chocolate sponge cake

Biscoito de chocolate

Se a semana pasada, voltamos cunha receita de galletas sen azucre, desta vez a cousa vai dun biscoito de chocolate, porque dicídeme a min quen se pode negar a unha lambetada cun sabor intenso a chocolate negro. Xa volo digo eu, ninguén! E se aínda por riba lle engadimos un pouco de café… o sabor será aínda máis especial! E se os pasos son tan sinxelos como o son nesta receita, pouco máis se pode engadir. Ai si! Que a súa textura é espectacular, suave e cremosa, que se desfai na boca, vaia. Chocoadictos, preparádevos para gozar con cada un dos vosos sentidos desta marabilla de biscoito de chocolate! Imos aló!

Ingredientes:

  • 400 gramos de azucre
  • 215 gramos de fariña triga
  • 90 gramos de cacao puro
  • 1 belisco de sal
  • 1 culleradiña de fermento químico
  • 2 culleradiñas de bicarbonato
  • 250 ml de leite amargo (250 ml de leite + zume de medio limón)
  • 250 ml de café acabado de facer
  • 125 ml de aceite de xirasol
  • 2 ovos
  • 1 culleradiña de vainilla
  • azucre en po para decorar

Tempo de preparación: 20 minutos

Tempo de enfornado: 50 minutos a 180ºC

Molde para bundt cake.

Preparación paso a paso:

1. Poñemos o forno a quentar a 180ºC. Untamos o molde con manteiga e cacao.

2. Nun bol, mesturamos os ingredientes secos, peneirando a fariña e o cacao.

3. E noutro bol, mesturamos os ingredientes líquidos.

4. Batemos os ingredientes líquidos e imos engadindo a mestura dos secos pouco a pouco. Cando teñamos rematado, batemos a velocidade media durante uns 4 minutos.

5. Vertemos a masa no molde e enfornamos a 180ºC durante 50 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo. Deixamos arrefriar antes de sacalo do molde e listo!

Para servir, só temos que botarlle un pouco de azucre en po por riba. Non sabería dicirvos que é o que máis me presta deste biscoito, se a súa textura manteigosa e suave, se o seu intenso sabor a chocolate ou a gana de máis que che deixa cada trabada. Penso que é un dos biscoitos de chocolate máis saborosos que probei nunca! É unha desas poucas veces nas que teño a sensación de que a foto non lle fai fe ao resultado, así que non vos queda outra que probar a facelo!

__________________________

Chocolate sponge cake

If last week’s treat was about sugar free cookies, now it’s the time of this wonderful chocolate sponge cake, because I’m pretty sugar you cannot deny a chocolate cake is one of the most delicious treats ever! And if you add some coffee to it, the chocolatey flavour will be even better! I give you my word. And if you only need a couple of super simple steps and easy-to-find ingredients, this recipe is definitely one of a kind! I must say one of the things I like the most is its texture, so buttery, smooth soft… It will make you feel like it’s melting in your mouth. All in all, chocoholics, THIS is the recipe you have been looking for! Let’s go!

Ingredientes:

  • 400 gr sugar
  • 215 gr plain flour
  • 90 gr unsweetened cocoa powder
  • 1 pinch of salt
  • 1 tsp baking powder
  • 2 tsp baking soda
  • 250 ml buttermilk (250 ml milk + 1/2 lemon juice)
  • 250 ml freshly brewed coffee
  • 125 ml sunflower/canola oil
  • 2 eggs
  • 1 tsp vanilla essence
  • powdered sugar to dust

Preparation tine: 20 minutes

Baking time: 50 minutes at 180ºC.

Bundt cake mould. 

Step by step preparation:

1. Preheat oven at 180ºC. Butter mould and dust some cocoa powder.

2. In a bowl, mix all dry ingredients, sifting flour and cocoa.

3. In another bowl, mix liquid Ingredients.

4. Beat them together slowly. Once done, beat the batter at a medium speed for 4 minutes.

5. Pour the batter over the mould and bake at 180ºC for 50 minutes or until a toothpick inserted in the middle comes out clean. Allow to cool and dust with some powdred sugar. That’s it!

The truth is I wouldn’t be able to choose what I most like about this cake, the super spongy, moist texture, its intense chocolate flavour or simply all at once! I think it is one of the easiest and tastiest chocolate cakes I’ve ever had! And one of those few times in which I feel even the best picture could not describe what it actually tastes like, so you’ll have to prepare it yourselves!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.