Quen ten horta, e plantou cabaciñas, sabe moi ben do que lle falo. Ao pouco de plantalas é tal a súa produción que unha xa chega a esquecer cando comeu algo sen elas. Iso si, tamén hai que dicir que é un produto ben agradecido e que nos permite variar moito o tipo de prato, para non quedar aburridas de máis. Eu xa levo aquí no blogue unhas cantas receitas, mais estes días pensei que estaría ben telas todas nun mesmo artigo, para así poder botarlle un ollo a todas á vez e poder inspirarnos. Case vos digo que hai de todo, doces, salgadas, como ingrediente principal, máis agochado ou como un ingrediente máis. E tamén vos deixo dúas receitas para facer coas flores que son un auténtico manxar e penso que aínda non se lles dá o valor que merecen. Sen máis lerias, imos aló!
Receitas salgadas
1. Espaguetes con crema de aguacate
8. Espaguetes con verduras e queixo relado
14. Empanadiñas de atún e cabaciña
15. Chulas coreanas de cabaciña

17. Pementos recheos de verduras


Doces
23. Galletas de cabaciña e limón
24. Torta de cabaza e cabaciña
25. Torta de chocolate con cabaciña
26. Brownie vegano de cabaciña

Flores de cabaciña
28. Flores recheas de cogomelos
29. Chulas de flores de cabaciña

30. Tempurá de flores de cabaciña
