Tomates recheos de patacas, atún e ovos
De vez en cando convén ter a man receitas coma esta, que non dan moito choio e que nos sacan dun apuro cando non sabemos moi ben que preparar e non queremos caer en papar algo pouco saudábel. Os tomates recheos sempre son un prato moi socorrido, de feito, xa os fixemos recheos de couscous, mais desta vez a receita aínda é máis rápida e máis sinxela, xa veredes. Ademais, déixovos tamén unha maneira de facer as patacas en só 5 minutos que estou segura de que vos vai gustar. Imos aló!
Ingredientes para 6 tomates recheos:
– 6 tomates dos que máis vos gusten
– sal
– 75 gramos de bonito en conserva
– 2 patacas medianas
– 2 ovos
– 2 culleradas de maionesa
Preparación paso a paso:
1. Comezamos sacándolle a parte superior aos tomates e baleirándoos.
2. Salgamos cada tomate e deixámolos a escorrer boca abaixo mentres preparamos o recheo.
3. Lavamos as patacas coa pel, picámolas cun garfo, envolvémolas en papel de forno e poñámolas a cociñar no microondas durante uns 5-8 minutos dependendo do tamaño das patacas. Poñemos os ovos a cocer.
4. Cortamos as patacas e os ovos en cadrados e mesturámolo todo xunto co bonito e as dúas culleradas de maionesa. Salgar, se é preciso.
5. Enchemos os tomates coa mestura de pataca e poñémoslle o sombreiro para que nos queden así de fermosos. E listo!
Como vedes, esta é unha maneira moi doada e rápida de cociñar unhas patacas e xa veredes que saben moi ben así, de feito, tamén quedan moi ben recheas, como fixemos coas Jacket Potatoes. Non collen auga, como se foran cocidas e non hai que agardar case unha hora, como cando se fan no forno. Todo vantaxes. E os tomates recheos xa vedes que son unha marabilla, quedan tan feitiños como ben saben. Non hai desculpa para non preparalos, pois xa vedes que ciencia ningunha e non se tarda nadiña. Agardo polas vosas fotos e comentarios!
_______________________________
Potato stuffed tomatoes
Recipes like this one are a must when having to cook something quick, easy and healthy. We have already tried them couscous stuffed, and they were super delicious, and I am not afraid to confess these are even easier and tastier! And if you prepare the potatoes the way I show you, you won’t even have the need to use the stove or the oven, and your potatoes will be ready in just 5 minutes. Let’s go!
Ingredients for 6 stuffed tomatoes:
– 6 tomatoes
– salt
– 75 gr canned bonito
– 2 potatoes medium size
– 2 eggs
– 2 tbsp mayonnaise
Step by step preparation:
1. Cut the top part of the tomatoes and scoop them out.
2. Salt each one and let them drain upside down while preparing the stuffing.
3. Wash potatoes with skin on, pinch them with a fork, wrap them up with some baking sheet and microwave them for 5-8 minutes depending on the potato size. Boil eggs.
4. Dice potatoes and eggs and mix together with bonito and mayo. Salt if needed.
5. Stuff each tomato, place the part we’ve cut on top and that’s it!
As you can see, this is a super easy way of preparing a healthy snack for a picnic, to have at home or just as a proper lunch together with a salmorejo. You can use this quick way of cooking potatoes to prepare other recipes such as Jacket Potatoes. So, if you like fresh, simple, quick, funny and healthy recipes, this will become a favourite of yours. Enjoy!!!